O 8 de outubro é o 281º día do ano do calendario gregoriano (282º nos anos bisestos). Quedan 84 días para finalizar o ano.

Acontecementos 451: En Calcedonia comeza o concilio ecuménico de Calcedonia no que se proclamará unha nova doutrina: Xesucristo é totalmente divino e totalmente humano (dúas naturezas nunha soa persoa). miniatura|200px|Congreso de Viena 732: Carlos Martel vence os árabes en Poitiers. 1483: O Papa Sisto IV confirma a fundación da Universidade de Sigüenza. 1492: Cristovo Colón escribe no seu libro de viaxe: "Toda a noite oímos paxaros voando enriba de nós". 1600: Primeira Constitución de San Marino. 1813: As Cortes de Cádiz suprimen os gremios e os señoríos territoriais. 1814: Apertura do Congreso de Viena, que tivo como obxectivo reconstruír as fronteiras de Europa e os gobernos tradicionais, totalmente trastocados despois das conquistas de Napoleón Bonaparte. 1871: Un grande incendio destrúe gran parte da cidade de Chicago. 1881: Inauguración da liña férrea Madrid-Lisboa, cerimonia presidida polos reis de España e Portugal, Afonso XII e Lois I. 1903: China asina un tratado comercial co Xapón e os Estados Unidos que garante a apertura dos portos manchús. 1917: Lev Trotski é elixido presidente do Soviet de San Petersburgo. 1945: O coronel Perón é obrigado a dimitir do seu cargo no goberno arxentino. 1949: Estréase a obra teatral “Historia dunha escaleira” de Antonio Buero Vallejo. 1950: As tropas estadounidenses de Douglas MacArthur cruzan o paralelo 38, límite das dúas Coreas, coa autorización da ONU. 1958: En Estocolmo implántase a un paciente de 40 anos o primeiro marcapasos cardíaco completo. 1962: O primeiro ministro de Uganda, Milton Obote, anuncia a independencia do país como monarquía constitucional, baixo a coroa británica. 1965: O Comité Olímpico Internacional decide que as dúas Alemañas estarán representadas por separado nos Xogos Olímpicos de 1968, en México. 1971: España: os vehículos matriculáranse co contrasinal da provincia e letras dende o A até o Z. 1982: A Dieta vota en Polonia unha lei que prohibe o sindicato Solidariedade. 1988: Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días. 1988: Inaugúrase o metro de Valencia e a cidade pasa a ser a terceira de España con este servizo urbano. 1992: O poeta antillano Derek Walcott gaña o Premio Nobel de Literatura. 1992: Os Reis de España inauguran en Madrid o Museo Thyssen-Bornemisza, que acolle en 48 salas os 800 cadros da colección de Hans Heinrich Thyssen. 1997: Antonio Buero Vallejo (por toda a súa obra), Manuel Rivas (narrativa), Felipe Benítez Reyes (poesía), Sergi Belbel (literatura dramática) e Juan Marichal (ensaio) son os gañadores dos Premios Nacionais de Literatura de España 1996. 1998: A Academia Sueca premia co Premio Nobel de Literatura a José Saramago. 1999: A xustiza británica aproba a extradición do ex xeneral Augusto Pinochet a España. 1999: Visto e prace á Ortografía da lingua española que, co consenso das 22 academias da lingua española, actualiza e ilustra as normas ortográficas básicas que se fixeron oficiais a mediados do século XIX. 2003: O actor Arnold Schwarzenegger gaña as eleccións para gobernador do Estado de California (EUA).

Nacementos miniatura|100px|Juan Fernández Latorre 1585 - Heinrich Schütz, compositor alemán. 1676 - Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro (Padre Feijoo), monxe e ensaísta español (m. 1764). 1741 - José Cadalso, escritor español 1808 - José Tomás Urmeneta García-Abello, político chileno. 1838 - John Milton Hay, político e escritor estadounidense. 1849 - Juan Fernández Latorre, empresario e político galego (m. 1912). 1869 - Juan Domínguez Fontela, sacerdote, arqueólogo e historiador galego (m. 1942). 1870 - Xoán Cervera e Valderrama, mariño español. 1872 - John Cowper Powys, escritor inglés. 1873 - Ejnar Hertzsprung, astrofísico danés. 1879 - Max Von Laue, físico alemán, Premio Nobel de Física 1914. 1881 - José Solchaga, militar español. 1883 - Otto Heinrich Warburg, fisiólogo alemán (m. 1970). 1888 - Ernst Kretschmer, psiquiatra e neurólogo alemán (m. 1964). 1895 - Juan Domingo Perón, estadista arxentino. 1896 - Julien Duvivier, cineasta francés. 1898 - Rouben Mamoulian, cineasta estadounidense. 1909 - Domingo García-Sabell, médico, escritor e político galego (m. 2003). 1909 - José Anton Muñoz Rojas, escritor e poeta español. 1910 - Alberte Balderas Reyes, matador de touros mexicano. 1920 - Victoria Garrón de Doryan, política e escritora costarriqueña. 1922 - Christian Barnard, cirurxián surafricano. 1927 - César Milstein, bioquímico británico nado na Arxentina e Premio Nobel de Medicina 1984. 1929 - Betty Boothroyd, política británica. 1936 - David Carradine, actor e cantante estadounidense. 1939 - Paul Hogan, actor, guionista e produtor australiano. 1941 - Jesse Jackson, predicador e político estadounidense. 1943 - Felipe Martínez Marzoa, filósofo galego. 1946 - Chevy Chase, actor estadounidense. 1948 - Claude Jade, actriz francesa. 1949 - Sigourney Weaver, actriz norteamericana. 1954 - Michael Dudikoff, actor estadounidense. 1958 - Miguel Anxo Fernán-Vello, escritor e editor galego. 1965 - Matt Biondi, nadador estadounidense. 1967 - Yvonne Reyes, actriz venezolana. 1970 - Matt Damon, actor estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Vittorio Alfieri 705 - Abd al-Malik ibn Marwan, califa árabe. 1354 - Cola di Rienzi, revolucionario italiano, asasinado polos seus propios partidarios. 1595 - Álvaro de Mendaña, explorador español do océano Pacífico (n. 1542). 1754 - Henri Fielding, novelista británico. 1803 - Vittorio Alfieri, dramaturgo e poeta italiano. 1821 - Juan O'Donojú, último vicerrei de España en México. 1826 - Friedrich Krupp, empresario alemán. 1844 - Martín Fernández de Navarrete, escritor, mariño e bibliotecario español. 1869 - Franklin Pierce, 14º presidente dos Estados Unidos (1853-1857). 1886 - José Casado del Alisal, pintor español. 1927 - Ricardo Güiraldes, escritor arxentino. 1951 - José Joaquín Casas Castañeda, escritor e político colombiano. 1966 - Xoán Batllé Planas, gravador español. 1973 - Gabriel Marcel, filósofo existencialista francés. 1985 - John F. Enders, bacteriólogo estadounidense, Premio Nobel de Medicina 1954. 1982 - Philip Noel-Baker, político, diplomático e atleta británico (n. 1889). 1982 - Fernando Lamas, actor arxentino. 1990 - José Luis Alonso Mañés, director español de teatro. 1992 - Willy Brandt, político alemán. 1992 - Jualma Suarez, baixista e cantante de Eskorbuto. 1994 - Manuel Piña, deseñador español de moda. 2004 - Jacques Derrida, filósofo francés. 2011 - Antonio Iglesias Álvarez, xornalista, musicólogo e pianista galego (n. 1918). 2019 - Manuel Álvarez Torneiro, xornalista e poeta galego (n. 1932).

Festas e celebracións Día Mundial do Polbo Día da Ciencia en Galicia

Santoral

Nosa Señora dos Remedios, Santa Susana de Bluís (Mártir); Simeón, Begoña, Pelaxio, Artemón, Ambrosio Sansedoni e Mateo Carreri (Presbíteros); Reparada, Bríxida e Benedicta (Virxes); Néstor, Demetrio, Hugo, Valeria, Polena, Paladia, Porcaria, Palaciata, Escravitude, Lourenza, Pelaxia, Tais, Badilón, Eusebia e Pedro de Sevilla (Mártires); Evodio e Artoldo (Bispos); Hais (Confesor); Xoán de Xesús. (Relixioso)

Notas

Véxase tamén Outros artigos 366 días do ano

08