Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Toponimia O topónimo Ames, documentado na Idade Media como Oiames, podería ser un hidrónimo derivado da raíz indoeuropea -, referida a un lugar moi húmido, a través da forma con superlativo en acusativo plural * ou *.
Xeografía Ten unha superficie de 80 km². Limita cos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Brión, Negreira, A Baña e Val do Dubra. As poboacións principais son O Milladoiro e Bertamiráns.
Demografía
Censo total 31.278 (2018) Menores de 15 anos 5.874 (18.78 %) Entre 15 e 64 anos 21.733 (69.48 %) Maiores de 65 anos 3.671 (11.74 %)
Historia O val da Amaía estivo moi vinculado desde a Baixa Idade Media ás principais e máis influentes liñaxes nobres. Situado no Camiño Xacobeo a Fisterra, destaca a ponte Maceira sobre o río Tambre en Agrón. No Milladoiro situábase o fito onde os peregrinos divisaban por primeira vez as torres da catedral compostelá. En 1812 constituíuse o concello de Biduído, adscrito ó partido xudicial de Santiago e á provincia única de Galicia. En 1821 o concello de Biduído integrouse na provincia da Coruña. En 1835 a capital pasou a ser a parroquia de Ames, cambiando o nome do concello. Destacan os Santuarios de Barouta e da Madalena e os pazos de Lens e Leboráns.
Galería de imaxes
Política Eleccións municipais en Ames
Parroquias
Lugares de Ames Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ames vexa: Lugares de Ames.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Ames
Ligazóns externas Páxina web do concello de Ames
Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía