Zaha Hadid (en ), nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950 e finada en Miami (Florida) o 31 de marzo de 2016,"Architect Dame Zaha Hadid dies at 65" foi unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.
Traxectoria Estudou matemáticas na Universidade Americana de Beirut. Logo de se formar, pasou a estudar na Architectural Association de Londres. Despois de se licenciar como arquitecta tornouse membro do Office for Metropolitan Architecture, traballando co seu antigo profesor, o arquitecto Rem Koolhaas. En 1979, pasou a estabelecer un despacho profesional propio en Londres. De alí en diante, a súa obra pasa a posuír certo renome. Na década de 80, tamén deu clases na Architectural Association.
Proxectos Gran parte da obra de Zaha Hadid é conceptual. Entre os seus proxectos executados inclúense:
Parque de Bombeiros de Vitra (1993), Weil am Rhein, Alemaña Centro Rosenthal de Arte Contemporánea (1998), Cincinnati, Ohio, EUA Terminal Hoenheim-North & estacionamento (2001), Estrasburgo, Francia Bergisel Ski Jump (2002), Innsbruck, Austria Phaeno, museo científico. Co lema Da staunst du (“Asombrate”) (2005), Wolfsburg, Alemaña
Zaha Hadid tamén realizou traballos de interiores de alto nivel, incluíndo a Zona da mente no Domo do Milenio en Londres. Vencedora de diversas competicións internacionais, algúns dos seus proxectos premiados nunca foron construídos: notabelmente The Peak Club en Hong Kong (1983) e a Ópera da Baía de Cardiff en Gales, 1994.
En 2004, Hadid converteuse na primeira arquitecta en recibir o Premio Pritzker de Arquitectura polo conxunto da súa obra.Anteriormente tamén fora condecorada coa Orde do Imperio Británico polos servizos realizados á arquitectura.
Galería
Primeiras obras (1991–2005)
Proxectos maiores (2006–2010)
Proxectos maiores (2011–2012)
Derradeiros proxectos maiores completados (2013–2016)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Ligazóns externas Páxina oficial Zaha Hadid no blog Un día una arquitecta.
Categoría:Arquitectos do Reino Unido Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en Bagdad Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Alumnos da Universidade Americana de Beirut Categoría:Arquitectos de Iraq