1963 (MCMLXIII) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos miniatura|Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania, 1963. miniatura|170px|Nº 1 de Grial. Constitúese Ediciós do Castro dentro do Grupo Sargadelos. 22 de marzo - O grupo británico The Beatles edita o seu primeiro disco, Please, please me. 16 de abril - Lanzamento do Vostok 6 (URSS), coa primeira muller astronauta, Valentina Tereshkova. 24 de maio - Inaugúrase na Coruña o Aeroporto de Alvedro. 25 de maio - Fundación en Adís Abeba (Etiopía) da Organización da Unidade Africana. 28 de agosto - Martin Luther King pronuncia o seu afamado discurso "I Have a Dream" (Teño un soño) fronte ó Monumento a Lincoln durante a Marcha en Washington polo traballo e a liberdade. 28 de setembro - Lanzamento do satélite artificial estadounidense Transit 5E1. 12 de setembro - O ditador militar Francisco Franco inaugura a fábrica da Empresa Nacional de Celulosas en Lourizán. 12 de decembro - Kenya consegue a independencia. 14 de decembro - Afundimento do buque mercante Castillo de Montjuich. Os seus 37 tripulantes, dos cales vinte e sete eran galegos, desapareceron no océano Atlántico.
Nacementos 2 de xaneiro - Xesús Constela, escritor galego 17 de febreiro - Michael Jordan, xogador estadounidense de baloncesto 19 de febreiro - Seal, cantante inglés. 20 de febreiro - Charles Barkley, xogador estadounidense de baloncesto 12 de marzo - Joaquim Cruz, atleta brasileiro 10 de marzo - Jeff Ament, baixista de rock estadounidense. 13 de marzo - Fito Páez, cantante arxentino. 27 de marzo - Quentin Tarantino, actor, director e autor de cine estadounidense 27 de marzo - Xuxa, actriz e cantante Brasileira. 8 de abril - Julian Lennon, cantante inglés, fillo de John Lennon. 13 de abril - Garry Kasparov, xogador de xadrez ruso 26 de abril - Jet Li, actor e loitador chinés. 8 de maio - Ismail Haniyeh, líder de Hamas (m. 2024). 25 de maio - Mike Myers, actor. 30 de maio- Helen Sharman, astronauta británica. 9 de xuño - Johnny Depp, actor estadounidense. 10 de xuño - Jeanne Tripplehorn, actriz estadounidense. 13 de xuño - Bettina Bunge, tenista alemá. 16 de xuño - Antón Dobao, escritor, tradutor e cineasta galego. 20 de xuño - Amir Derakh, rockeiro (Orgy). 23 de xuño - Steve Shelley, batería estadounidense. 25 de xuño - George Michael, cantante británico (m. 2016). 30 de xuño - Yngwie J. Malmsteen, roqueiro (Steeler, Alcatrazz e en solitario). 30 de xuño - Xosé Carlos Caneiro, escritor galego. 7 de xullo - Vonda Shepard cantante estadounidense. 16 de xullo - Fatboy Slim, (Norman Cook), DJ inglés. 17 de xullo - Rei Letsie III de Lesotho. 24 de xullo - Karl Malone, xogador estadounidense de baloncesto. 3 de agosto - James Hetfield, roqueiro (Metallica). 9 de agosto - Whitney Houston, cantante e actriz estadounidense (m. 2012). 22 de agosto - Tori Amos, cantante estadounidense. 26 de agosto - Eva Kjer Hansen, política dinamarquesa. 1 de novembro - Rick Allen, músico británico (Def Leppard). 1 de novembro - Quique Peón, bailador, investigador e divulgador do folclore tradicional galego. 3 de decembro - Terri Schiavo, paciente que promoveu discusións acerca da eutanasia nos Estados Unidos (m. 2005) 20 de decembro - Helena de Borbón e Grecia, infanta de España.
Mortes 11 de febreiro - Sylvia Plath, poeta e novelista norteamericana (n. 1932) 4 de marzo - William Carlos Williams, escritor inglés (n. 1883) 9 de abril - Xul Solar, pintor arxentino (n. 1887) 20 de abril - Julián Grimau, político español. 29 de abril - Corona González Estévez, xornalista galega (n. 1889). 30 de abril - Vicente Risco, escritor galeguista, filósofo e etnógrafo (n. 1884).
11 de maio - Antonio Soto Canalejo, sindicalista galego (n. 1897). 3 de xuño - Xoán XXIII, Papa da Igrexa Católica. 3 de xuño - Nazım Hikmet, poeta turco.
11 de xuño - Charles W. Thornthwaite, xeógrafo e climatólogo estadounidense. 9 de xullo - Roxelio Pérez González, mestre e pedagogo galego. 23 de xullo - Gonzalo López Abente, escritor galego. 11 de agosto - Ignacio Vidales Tomé, xornalista, debuxante e caricaturista galego (n. 1896). 31 de agosto - Georges Braque, pintor e escultor francés (n.1882). 5 de setembro - José Toba Fernández, mestre, pedagogo e político galego. 21 de setembro - Paulino Masip, escritor e guionista cinematográfico español. 10 de outubro - Edith Piaf, cantante francesa (n. 1915). 11 de outubro - Jean Cocteau, artista e escritor francés (n. 1889). 24 de outubro - Karl Bühler, filósofo, lingüista e pedagogo alemán. 25 de outubro - Karl von Terzaghi, enxeñeiro checo (n. 1883). 5 de novembro - Luis Cernuda, poeta español. 2 de novembro - Ngo Dinh Diem, presidente de Vietnam do Sur (n. 1901). 22 de novembro - John Fitzgerald Kennedy, 35º presidente dos EEUU de América (1961-1963) (n. 1917). 22 de novembro - Aldous Huxley, escritor británico (n. 1894). 22 de novembro - Clive Staples Lewis, escritor irlandés. 24 de novembro - Lee Harvey Oswald, asasino do presidente John Kennedy (n. 1939). 9 de decembro - Daniel Olorunfemi Fagunwa, escritor nixeriano. 12 de decembro - Yasujiro Ozu, cineasta xaponés.
Premios Nobel Física - Eugene Paul Wigner, Maria Goeppert-Mayer e J. Hans D. Jensen Química - Karl Ziegler e Giulio Natta Fisioloxía ou Medicina: Sir John Carew Eccles, Alan Lloyd Hodgkin e Andrew Fielding Huxley Literatura - Giorgos Seferis Paz - Comité Internacional da Cruz Vermella e Liga das Sociedades da Cruz Vermella
Día das Letras Galegas dedicado a: Rosalía de Castro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1963