1986 (MCMLXXXVI) foi un ano común comezado en mércores no calendario gregoriano. No horóscopo chinés corresponde ao ano do Tigre. A Organización das Nacións Unidas declarouno Ano Internacional da Paz. A Unión alemá para a conservación da natureza declarou ao corvus frugilegus ave do ano.

Acontecementos 1 de xaneiro - Ingreso de España e Portugal na CEE. 1 de xaneiro - Entrada en vigor do IVE en España. 2 de xaneiro - O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a traverso do Estreito de Messina. 28 de xaneiro - O transbordador espacial Challenger explota despois de engalar do Centro Espacial Kennedy, Florida, matando os seus 7 tripulantes. 12 de marzo - Celébrase unha consulta por Referendo pola permanencia de España na OTAN, obtendo os seguintes resultados: votos a favor 52,49 %, votos en contra 39,87 %, votos en branco 6,53 % e nulos 1,11 % dos votos emitidos. 26 de abril: na central nuclear de Chernóbil, Ucraína, prodúcese a maior catástrofe nuclear da historia. Á 01:23 a. m. no reactor número 4 prodúcese unha explosión por mor dunha proba de seguridade, realizada de forma incorrecta sumada á inseguridade dos reactores RBMK, ceibando toneladas de combustíbel nuclear á atmosfera, polo que en días posteriores debeuse evacuar aos habitantes da cidade de Pripyat e os seus arredores. Naquel entón, Ucraína era parte da Unión Soviética. 26 de abril: en Suacilandia é coroado rei Mswati III.

Nacementos 26 de febreiro - Leila Lopes, modelo angolana. 23 de abril - Sven Kramer, patinador de velocidade neerlandés 3 de xuño - Rafael Nadal, tenista español. 16 de xullo - Calum Gittins, actor neozelandés. 28 de agosto - Gilad Shalit, militar de Israel. 12 de setembro - Emmy Rossum, actriz americana. 18 de decembro - Marcus Cousin, xogador de baloncesto estadounidense.

Mortes 1 de xaneiro - Alfredo Binda, ciclista italiano. 4 de xaneiro - Christopher Isherwood, escritor anglo-estadounidense. 7 de xaneiro - Juan Rulfo, escritor mexicano. 10 de xaneiro - Jaroslav Seifert, escritor checoslovaco, Premio Nobel de Literatura en 1984 (n. 1901) 23 de xaneiro - Joseph Beuys, artista alemán. 28 de xaneiro – Astronautas estadounidenses de Challenger: Gregory Jarvis. Christa McAuliffe. Ronald McNair. Ellison Onizuka. Judith Resnik. Dick Scobee. Michael J. Smith. 1 de febreiro - Alva Myrdal, político, diplomático e escritor sueco, Premio Nobel da Paz (n. 1902). 12 de febreiro - Mariano Otero Castelao, político galego. 23 de febreiro - María Gómez González, política galega (n. 1905). 28 de febreiro - Olof Palme, primeiro ministro sueco (asasinado) (n. 1927). 6 de marzo - Georgia O'Keeffe, artista estadounidense. 30 de marzo - James Cagney, actor estadounidense (n. 1899). 4 de abril - Xerardo Álvarez Gallego, escritor e político galego. 4 de abril - Dalmacio Bragado, sindicalista e escritor anarquista galego (n. 1893). 7 de abril - Leonid Kantorovich, economista ruso, Premio Nobel de Economía (n. 1912). 14 de abril - Simone de Beauvoir, escritora e feminista francesa (n. 1908). 15 de abril - Jean Genet, escritor francés (n. 1910). 4 de maio - Isidro Parga Pondal, xeólogo galego. 9 de maio - Ánxel Fole, escritor galego. 9 de maio - Tenzing Norgay, sherpa nepalí (n. 1914). 31 de maio - James Rainwater, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1917). 13 de xuño - Benny Goodman, músico de jazz estadounidense (n. 1909). 14 de xuño - Jorge Luis Borges, escritor arxentino (n. 1899). 7 de xullo - Mario de Langullo, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1913). 11 de xullo - Evaristo Correa Calderón, escritor e xornalista galego (n. 1899). 24 de xullo - Fritz Albert Lipmann, bioquímico estadounidense, Premio Nobel (n. 1899). 25 de xullo - Vincente Minnelli, director estadounidense de cine (n. 1903). 4 de agosto - Mercedes Núñez Targa, política republicana española (n. 1911). 16 de agosto - Luís Casas Pasarín, futbolista galego (n. 1902). 19 de agosto - Antonio Rosón Pérez, avogado galego, primeiro presidente da Xunta de Galicia. 31 de agosto - Henry Moore, escultor británico. 31 de agosto - Urho Kekkonen, presidente de Finlandia (n. 1900). 7 de setembro - Omar Ali Saifuddin III, Sultán de Brunei (n. 1914). 25 de setembro - Nikolay Nikolayevich Semyonov, químico ruso, Premio Nobel de Química (n. 1896). 25 de setembro - Daniel Sueiro, xornalista e escritor galego (n. 1931). 25 de setembro - Manuel Daniel Varela Buxán, escritor e director teatral galego (n. 1909).

11 de outubro - Georges Dumézil, antropólogo francés (n. 1898). 19 de outubro - Samora Machel, presidente de Mozambique (n. 1933). 22 de outubro - Albert von Szent-Gyorgyi Nagyrapolt, fisiólogo húngaro, premio Nobel de Medicina en 1937 (n. 1893). 23 de outubro - Edward Adelbert Doisy, bioquímico estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1943 (n. 1893). 25 de outubro - Forrest Tucker, actor estadounidense (n. 1919) 31 de outubro - Robert S. Mulliken, físico e químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1896). 8 de novembro - Vyacheslav Molotov, político soviético (n. 1890). 2 de decembro - Desi Arnaz, actor cubano-americano (n. 1917). 12 de decembro - Juan García Durán, anarquista e historiador galego (n. 1915). 14 de decembro - Eusebio Lorenzo Baleirón, escritor galego (n. 1962). 20 de decembro - José María Varela Rendueles, avogado, político e empresario español. 29 de decembro - Andrei Tarkovskii, director de cine ruso. 29 de decembro - Harold Macmillan, primeiro ministro do Reino Unido (n. 1894).

Premios Nobel Física: Ernst Ruska, Gerd Binnig e Heinrich Rohrer Química: Dudley R. Herschbach, Yuan T. Lee e John Charles Polanyi Fisioloxía ou Medicina: Stanley Cohen e Rita Levi-Montalcini Literatura: Wole Soyinka Paz: Elie Wiesel Economía: James M. Buchanan Jr.

Día das Letras Galegas dedicado a: Aquilino Iglesia Alvariño

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1986