Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é . Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Etimoloxía

A orixe do topónimo Baiona foi, historicamente, froito de innumerábeis controversias. Fernando Cabeza Quiles e Gonzalo Navaza, investigadores na onomástica e na toponimia, afirman que o topónimo é copia ou traslado da Baiona vasca no ano 1202 por iniciativa do rei Afonso VIII, o cal, cando lle concedeu unha carta de foro a esta vila galega, cambioulle o seu antigo nome de Irizán (latinizado en Erizana) polo actual de Baiona. A escolla real puido ter intencións de prestixio e propiciatorias, xa que o porto da Baiona francesa era moi importante e próspero na Idade Media, ademais de estar vinculado coa tradición xacobea (concretamente, coa Historia Turpini).

Á súa vez, o nome Baiona é de orixe vasca. O seu primeiro elemento bai derivaría do indoeuropeo ibai que significa 'veiga' ou 'río'. O segundo elemento "onna" procede do celta e significa fonte ou río, ou ben pode tratarse dun sufixo prerromano aumentativo. Así pois, para estes estudos, o topónimo de Baiona sería unha voz híbrida e tautolóxica.

Xeografía Limita cos concellos de Nigrán, Gondomar, Tomiño e Oia. Diferéncianse dúas zonas, o interior, que se ergue até altitudes que superan os 600 m no Alto da Groba e no alto da Gabiñeira e a costa, bañada polo océano Atlántico e con outeiros que permiten enxergar a ría e as Illas Cíes. A parte oeste desta é rochosa e nela atópanse illotes como Illa Carral, Illa Negra ou Illas Polbeiras; na parte leste hai sobre todo praias.

Os ríos son todos pequenos, destacando o río da Groba, que, nun tramo, serve de límite con Gondomar e o río Miñor, que desauga na baía de Baiona. As temperaturas son suaves. + Praias Nome Localización Parroquia 2022 Imaxe Praia da Ladeira Santa Cristina da Ramallosa 200px Praia de Santa Marta Baíña 200px Praia da Ribeira Baiona 200px Praia da Barbeira Baiona 200px Praia dos Frades Baiona 200px Praia da Cuncheira Baiona 200px

Historia

Fundación e Idade Antiga Segundo a lenda, a vila de Baiona foi fundada no ano 140 a.C. por Diomedes de Etolia, fillo do fundador de Tui. Este deulle o nome de Abobriga.

Nesta época, os romanos dominaban a Península Ibérica e decidiron expulsar ós cartaxineses. Para combater as protestas, o cónsul Flavio Serviliano chegou ao recinto fortificado de Erizana, que era como entón se chamaba Baiona. Tamén no 60 a.C. Xulio César e as súas tropas amarraron en Erizana para atacar os herminios que estaban refuxiados nas Illas Cíes.

O rei visigodo Recaredo, conquistouna e anexionouna ó seu reino.

Idade Media miniatura|Afonso VIII, por Oliveira, en Baiona. Entre os anos 730 e 750, é dominada polos árabes. Pérdena grazas a Afonso I de Asturias, aínda que no 997 volve caer en mans árabes pola súa importancia xeográfica, por culpa do rei Almanzor.

O 7 de maio de 1201 o Afonso VIII de León e Galicia asina en Faro (hoxe A Coruña), concedéndolle a Carta Póboa, na que se permite o troco de nome do primitivo núcleo Erizana a Baiona. Ademais concedeulle privilexios e foros ós habitantes, deixando de estar baixo ó Mosteiro de Santa María de Oia.

No 1331, foi atacada polo almirante portugués Pezaña e no 1370, Fernando I de Portugal fixa a súa residencia na fortaleza de Monterreal.

Logo de pasar por uns momentos de desfeita polas guerras e disputas, en 1425 Xoán II de Castela outorgoulle ao porto o privilexio, compartido coa Coruña, de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior.

En 1474, foi asaltada por Pedro Madruga, Pedro Álvarez de Soutomaior, e constrúe unha torre na fortaleza de Monterreal. E en 1475, o rei Afonso V de Portugal, xunto cos baioneses, réndese ante ós Reis Católicos.

O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Cristóbal García Sarmiento, logo de extraviarse no medio do Atlántico, tocou porto por primeira vez aquí ao regreso da primeira viaxe de Colón; sendo así, o primeiro lugar de Europa en ter a noticia da chegada da expedición de Colón de volta do que crían que eran as Indias.

Idade Moderna No 1497, os Reis Católicos concedéronlle ós 650 habitantes da vila a exención de servir na Armada de Castela, a licenza de emprender pola súa conta a guerra en corso e o dereito de vivir na fortaleza de Monterreal, para protexerse das invasións estranxeiras. Amais concedéronlle a Baiona os títulos de Nobre e de Leal Vila.

No século XVI, Baiona tomou importancia sendo cabeza de Partido. Os habitantes deixaron de vivir na fortaleza. No ano 1553, 56 navíos franceses atracaron no porto e no 1540, unha peste minguou a poboación. No ano 1585 o corsario inglés Francis Drake atracou na península de Santa Marta coa intención de tomar á península de Monterreal, mais os miñoranos (liderados por Pedro Sarmiento de Acuña, o Conde de Gondomar), acabaron coa súa intención.

O rei Filipe II, mercou o feudo do Val Miñor, e concedeulle os privilexios de exención para servir na Armada Real, a creación dunha Cátedra de Gramática e a armada de 1.000 soldados, para acabar cos piratas.

Nos século XVII e XVIII, Baiona converteuse no principal porto da costa sur galega e a costa norte portuguesa. Todo isto traía beneficios, pero tamén prexuízos como: porto onde se cre que amarraron os galeóns da batalla de Rande ou ser tomada polo mariscal francés Soult. Ademais, os baioneses axudaron na Reconquista de Vigo. miniatura|Crónicas históricas de la villa de Bayona por Herminio Ramos, Madrid 1925. Idade Contemporánea En 1823 deixou de ser a cabeza do Val Miñor, e constituíuse como tal o municipio de Baiona. En 1859 o Estado acabou coa fortaleza militar, abríndose unha poxa pública na que a adquiriu José Elduayen, marqués do pazo da Mercé. En 1880 Manuel Misa e Bertemati doou un edificio que pasou a funcionar como escola. O seu irmán, Ventura Misa, fundou en Xerez da Fronteira as adegas do viño de Xerez.

En 1910 colocouse a primeira pedra da Virxe da Rocha, e o 14 de setembro de 1930 inaugurouse a obra deseñada polo arquitecto Antonio Palacios. En 1936, logo do golpe de estado, foron fusilados nove miñoráns en Baredo. En 1943 a casa consistorial instaurouse na casa da Correa.

En 1966 inaugurouse o Parador Nacional de Baiona, despois de mercarlle o Ministerio de Información e Turismo o castelo de Monterreal ós herdeiros de Brediñana.

Símbolos miniatura|Escudo de Baiona, no mercado de Sabarís. O escudo municipal foi aprobado mediante o Decreto 65/2005 de 31 de marzo e publicado no DOG (Diario Oficial de Galicia) o 15 de abril de 2005.Decreto 65/2005, do 31 de marzo, polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (Pontevedra) O boi fai referencia á Monte do Boi e a carabela representa La Pinta, o buque que arribou en Baiona coa nova do Descubrimento de América. Os escudos máis antigos atopados áchanse na capela de Santa Liberata, construída no ano 1695.

A bandeira municipal está composta por catro triángulos, os superiores e inferiores son azuis e os dereitos e esquerdos, vermellos. Data desde 1591, grazas a unha carta de Filipe II ó marqués de Cerralbo. O seu uso caeu a mediados do século XIX. Volveu ondear no concello en 1981.

Demografía O 25 % da poboación vive na capital, Baiona. Censo total 2021 12.286 habitantes Menores de 15 anos 1.500 (12.21 %) Entre 15 e 64 anos 8.071 (65.69 %) Maiores de 64 anos 2.715 (22.10 %)

Economía A economía de Baiona está orientada cara ao turismo, destacando o Parador Nacional de Baiona, así como o comercio retallista. A agricultura é de autoconsumo, se ben tamén se venden localmente os produtos da horta. Hai pesca de baixura e marisqueo.

As empresas son do sector da alimentación, os transformados metálicos e a madeira e destacou a construción.

Patrimonio miniatura|Cruceiro da Santísima Trindade. Virxe da Rocha Fortaleza de Monte do Boi ou de Monterreal Cruceiro da Santísima Trindade Réplica da Carabela "La Pinta" Ex-Colexiata de Santa María de Baiona Faro de cabo Silleiro Casa da Navegación Capela de Santa Liberata

Festas municipais

Baiona Virxe da Anunciada Virxe do Carme Santa Liberata San Xoán A Arribada Romaría de San Cosme e San Damián Romaría da Virxe da Rocha

Baíña Santa Mariña Santa Marta (O Burgo)

Baredo Virxe da Cela Virxe do Carme San Roque

Belesar San Lourenzo San Xoán (A Granxa)

Santa Cristina da Ramallosa Santa Cristina

Deporte A vila conta cun porto deportivo. O Erizana Club de Fútbol fundouse en 1950.

Vilas e cidades irmandadas Palos de la Frontera Santa Fe Pornic Holguín Vila do Bispo

Premios e recoñecementos Quality Coast Gold Award 2013 Sustainable Destinations Global "Top 100" 2014 Vilas Mariñeiras

Galería de imaxes

Parroquias de Baiona

Lugares de Baiona Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baiona vexa: Lugares de Baiona.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, Begoña (decembro 2013) «La creación de una identidad patrimonial. Baiona y el descubrimiento de América» en Revista Electrónica de Patrimonio Histórico 13, UGR. , Beatriz e , José Ramón (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento 55,63 MB ISBN 978-84-9749-579-0.

, José de e , Ulpiano (1902). Bayona antigua y moderna, Imprenta del Asilo de Huérfanos del Sagrado Corazón de Jesús. Madrid. , José-Pedro (2005). Aquella Baiona de los años 40 y 50. ISBN 84-8198-613-5

Outros artigos

Eleccións municipais en Baiona

Categoría:Baiona Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía