Cangas de Morrazo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Morrazo, da que é capital históricaVázquez Marinelli, C. et alii (2007): Historia de Cangas. Deputación Provincial de Pontevedra.. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é , aínda que tamén é común na zona a forma .

Xeografía Sitúase no extremo occidental da península do Morrazo, coa ría de Vigo ao sur e a ría de Pontevedra ao norte. Mentres que toda a súa franxa oeste está aberta ao Atlántico, polo leste limita co concello de Moaña e polo norte co de Bueu. O municipio formouse recentemente pola unión de cinco parroquias: Aldán, Cangas de Morrazo, Coiro, Darbo e O Hío.

Orografía O concello de Cangas de Morrazo, por ocupar o extremo da península do Morrazo, atópase sobre do relevo da parte final dun horst tectónico. A ría de Aldán rompe como unha fenda a parte occidental do municipio e illa ao poñente a subpenínsula do Hío. Nesa banda setentrional destaca o amplo val de Aldán, caracterizado pola súa fachada costeira aberta. Orientadas cara ao sur e dando á ría de Vigo, tamén destacan as terras do Hío, que mostran amplos vales que baixan suavemente desde os montes axiais do Morrazo: o val de Coiro e Darbo, entre outros.

O relevo costeiro é recortado. Presenta varios cabos e puntas como Punta da Testada de Vilariño, Punta do Corveiro, Punta de Couso, Cabo Home, Punta Robaleira, Punta de Subrido, Punta dos Castros de Nerga, Punta da Borneira, Cabo Balea e Punta de Rodeira.

A costa litoral de Cangas de Morrazo entre Cabo Home e Punta Couso son a Costa da Vela, a parte alta da subpenínsula. As costas, en chairas areosas e rochosas, dan á ría de Vigo formando unha profunda enseada que penetra de norte a sur, formando a ría de Aldán.

Hidrografía O río Orxás nace en Castiñeiras. Percorre Castiñeiras, Orxás, Rodeiro, Remuíño, Lama e San Cibrán, desembocando na ría de Aldán. Ten unha lonxitude de 3.575 m.

O rego de Donón nace en Donón. O seu leito e do Hío ata O Facho. Desemboca nun esteiro en Barra. Ten a vertente na ría de Vigo e un percorrido dunha lonxitude de 2.025 m.

O Saíñas nace e desemboca en Cangas de Morrazo, na ría de Vigo. Ten unha lonxitude de 2.100 m.

O Lagares nace en Vilanova e desemboca na praia de Areabrava, na ría de Aldán. O seu réxime é regular e ten unha lonxitude de 2.100 m.

O Postillón nace en Darbo e desemboca en Punta Borneira. Ten a vertente na ría de Vigo e ten unha lonxitude de 2.240 m.

O Bouzós nace en Cangas e percorre parte de Coiro e Cangas de Morrazo. Remata na praia de Rodeira. Ten a vertente na ría de Vigo cunha lonxitude de 4.925 m.

O litoral e as praias

O concello de Cangas de Morrazo é un dos concellos cun maior número de praias e con maior número de quilómetros de costa dentro de Europa. Ten un total de 38, que se estenden por zonas urbanas, como é a praia de Rodeira, e polo litoral, menos urbanizado e conservado, como é no caso da praia de Barra. Na actualidade o concello posúe sete praias con Bandeira Azulhttp://www.cangas.org/praias.htm Praias de Cangas, Concello de Cangas, que é o distintivo outorgado a aquelas praias e portos que cumpren coas condicións de preservación ambiental e que dispoñen de instalacións axeitadas pola Fundación Europea de Educación Ambiental.

Nas proximidades do concello, atópanse as Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Cangas de Morrazo do Morrazo reivindica a propiedade das Illas Cíes, pertencentes ao Concello de Vigo, alegándose que historicamente estiveron vinculada a Cangas de Morrazo.

Climatoloxía Cangas de Morrazo presenta clima oceánico atlántico propio das rías baixas, que é de temperaturas suaves con escasa oscilación térmica estacional e de precipitacións abundantes.

Conservación ambiental A paisaxe está humanizada nun grao elevado. Ten unha poboación dispersa, en vilas pouco agrupadas, e sector industrial disperso concentrado no polígono industrial da Portela..

Historia miniatura|321x321px|Plano da vila de Cangas de Morrazo

Prehistoria Paleolítico Atopáronse restos de machadas en Coiro e O Hío; en Cangas de Morrazo os restos mais antigos foron sobre o 120.000 a. C.

Neolítico Foron atopadas mámoas en chan de Arquiña, chan da Armada e chan da Cruz. Atopáronse un crisol de barro refractario e fragmentos de cerámica, escouras de cobre que alude un recipiente.

Idade dos metais Ferro

Atopáronse restos no monte Castelo, Cunchido, Aldea Castro,...

Na aba leste do monte do Facho houbo entre os séculos X e VII a. C. un poboado de grandes dimensiónsMichael Koch. EL SANTUARIO DEDICADO A BEROBREO EN EL MONTE DO FACHO (CANGAS, GALICIA). Acta Palaeohispanica IX Palaeohispanica 5, (2005), pp. 823-836, durante a Idade de Bronce. A partir do VI a. C., xa na chamada cultura castrexa, levantouse un poboado castrexo galaico na outra aba, que perdurou até o século IV d. C. Na actualidade consérvase parte das murallas, o foxo e restos das vivendas. A orografía do monte está determinada pola construción do poboado. Logo da romanización construíuse sobre o cumio do monte un santuario dedicado ao deus lar galaico-romano Berobreo, activo nos séculos II e IV . Hai restos de columnas que indican a existencia dun edificio nobre. Na zona apareceron 161 aras, no que debeu de ser un bosque de altares. Nelas adoita haber unha inscrición mencionando a súa condición de exvoto, a divindade á que vai dirixida e, ás veces, o nome de quen o dedica e os motivos. As primeiras 42 aras atopadas, en 1963, están depositadas no museo de Pontevedra e no museo Quiñones de León de Vigo. O resto das aras, 119, descubríronse en sucesivas campañas de escavación arqueolóxica desde 2003, nas que participou un equipo de arqueólogos dirixidos por José Suárez Otero, xunto ao Instituto Arqueolóxico Alemán. As ofrendas eran feitas por peregrinos, que subían ao monte e chantaban na terra a súa ara. Eran altares humildes, a maioría de menos dun o metro de altura (os maiores de 1,7 m), con inscricións parcas e concretas: Deo lari Berobreo aram posuit pro salute.

Tralo proceso de cristianización da Gallaecia, o culto pasou a Santo André. A peregrinación continuou até a década de 1930, con cadaleitos e enfermos procedentes do sur de Galicia.

Romanización Durante a romanización, o Morrazo pertencía ao convento Bracarense (con capital en Braga) e a poboación que vivía nestas terras pertencía á tribo dos helenos.Vestixios da cultura castrexa e romana, no sitio web do concello.

Na praia de Pinténs atopáronse restos dunha vila romana e de tres pías dedicadas á salgadura de peixe.

Idade Media Un documento asinado en 1168 en Zamora polo Rei Fernando II, marido de dona Orraca, describe a cesión das súas propiedades en Cangas de Morrazo a Varela, un nobre do seu séquito. Esa referencia é a primeira escrita do topónimo "Cangas de Morrazo"..

En Cangas de Morrazo o poder da nobreza estaba representado pola fortaleza de Darbo, que desde 1184 pertencía ao arcebispo de Santiago. Situada no cumio do monte Castelo, consistía nun valado ou muralla, reforzada con catro bastións. No seu interior había dúas casas protexidas por unha empalizada de madeira. Aínda que a construción era bastante feble, a súa localización facía a fortaleza difícil de atacar.

En 1467 iniciouse a gran guerra irmandiña. Ao mando da irmandade da zona estaba Xoán de Fontefría, que xunto aos irmandiños da comarca tomaron a fortaleza, sendo naquel momento o meiriño Vasco Fernández. Como era costume, a fortaleza foi destruída. Despois deste feito, as milicias de Cangas de Morrazo axudaron no derrocamento do castelo de Soutomaior.

Arredor da primeira metade do século XV os veciños das parroquias de Darbo e Coiro asentáronse nos primeiros núcleos da actual vila, nos lugares do Sinal e O Costal, para exerceren o seu oficio de mareantes no porto de Cangas de Morrazo.

Idade Moderna No século XVI construíuse a igrexa parroquial, a colexiata de Santiago de Cangas de Morrazo, que pasou a ser colexiata en 1545. Nesa época construíuse tamén o Hospital, e pasou a ser cabeza de Xurisdición do Morrazo, dotada de Rexemento (Concello), con notarios, escribáns públicos, e xuíces nomeados polo arcebispo de Santiago, que cobraba como tributo medio décimo.

O período de maior esplendor foi a segunda metade do século XVI, grazas á exportación de peixe a Portugal, portos andaluces e portos do Cantábrico. Ademais, era un punto de importación de viños do Ribeiro e de Andalucía, consumidos na vila e reexpedidos cara a portos do Cantábrico. Con esta actividade creouse un nutrido grupo de burgueses mercadores e exportadores de peixe salgado (sardiña) ou seco (polbo).

O 4 de decembro de 1617 fondearon nas illas Cíes 11 navíos corsarios turco-berberiscos. Logo de atacaren Vigo, os corsarios cruzaron a ría, desembarcando uns 1000 homes na praia de Rodeira e en Punta Balea logo dun intenso bombardeo. Dado que daquela Cangas de Morrazo era unha pequena vila de pescadores, non contaba con protección. A pequena milicia non contaba con recinto fortificado nin con artillaría. Malia que numerosos veciños, escasamente armados, se uniron ás tropas, non puideron cos invasores. Desde os montes veciños, os sobreviventes contemplaron o incendio da vila, incluída a colexiata e o hospital. Os saqueadores estiveron tres días na zona, queimando tamén a igrexa de Darbo, levando un gran botín e mesmo a ducias de persoas, que foron recluídas en Alxer.

Logo da invasión otomá, entre 1619 e 1628 o tribunal da inquisición levou a cabo unha caza de bruxas. O tormento e suplicio causado a numerosas mulleres, acusadas de bruxería, foi provocada polo empobrecemento sufrido pola pequena nobreza. Para manter o seu nivel de vida, este grupo social valeuse do Santo Oficio, para arrebatar os "dereitos de presentación" que certas persoas tiñan sobre capelas e freguesías. Este dereito era exercido polos sucesores do fundador dun templo, que podían propoñer ao seu titular cando quedase vacante e participar dos beneficios que xerase. Porén, co fin de disimular este propósito, tamén foron falsamente acusadas mulleres pobres e desamparadas, moitas delas viúvas a causa da recente invasión.

María Soliña<ref>Historia de María Soliña Historias de Galicia, Televisión de Galicia.</ref> posuía dereitos de presentación en Aldán e Moaña, e foi levada a prisión en 1621. Tras sufrir tortura física e psicolóxica, a muller confesou ser bruxa desde 20 anos atrás e ter copulado co demo, que se lle presentaba en forma humana. Porén, ao mesmo tempo suplicaba clemencia, proclamando o seu arrepentimento e asegurando que nunca renegara de corazón do Noso Señor, senón só de palabra. O 23 de xaneiro de 1622 foi condenada a unha confiscación de bens e a portar o hábito penitencial durante medio ano. A súa acta de defunción non foi atopada.

Outras supostas meigas xulgadas nesa época foron Catalina de la Iglesia (que confesou matar cinco criaturas), Elvira Martínez, Teresa Pérez ou María dos Santos.

En 1702 a vila viviu de preto outro conflito bélico, ao ter lugar na ría de Vigo a batalla de Rande, entre a frota de Indias española (19 navíos escoltados por 22 buques franceses) e unha escuadra anglo-holandesa. Ante o medo ao saqueo, que xa viviran 85 anos atrás, as maiores riquezas foron trasladadas a vilas e lugares próximos. Finalmente Cangas de Morrazo librouse da pillaxe, non así outras poboacións como Redondela.

As terras cultivadas pola poboación agraria eran propiedade da igrexa e da nobreza, tendo que pagar foros aos fidalgos. Cara a 1750 a actividade industrial de salgadura pasa a mans dos burgueses cataláns instalados en Bueu, con fábricas en Aldán e O Hío.

Idade Contemporánea

En 1862, o municipio duplica o seu territorio ao integrar as parroquias de Aldán e O Hío, ata ese momento adscritas ao Concello de Bueu. Pasa, polo tanto, de estar composto por tres parroquias a cinco.