Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. Ten unha superficie de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

A súa economía é principalmente industrial. Ten varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. Na Punta Lagosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Xeografía miniatura|esquerda|Praia de Sabón en Oseiro. Situación Arteixo limita cos concellos da Coruña, Culleredo, A Laracha e Carballo. A súa costa está bañada polo Atlántico.

Orografía Arteixo ten un relevo pouco uniforme: hai vales de diferente tipo con montes de diversas alturas. Nos montes de Monteagudo destaca A Estrela (297 metros), Monte Alto (285 m) e Pedra Arcela (277 m). A serra de Santa Locaia resgarda o val de Loureda polo oeste. Alí están o Coto da Anta (385 m), a Pedra dos Bañadoiros (380 m) e o Coto de Santa Locaia (370 m).

Dos núcleos poboacións montañosos, destaca O Monticaño por ser usado noutrora como fortaleza militar. Reconverteuse na área recreativa do Monticaño. Outra zona de montaña é o couto do Monte Súbico, de Loureda. Súbico provén do derivado su, da preposición latina sub 'so' ou 'ao pé de', e mais bico, de raíz celta picc-/becc 'punta de pedra' ou 'cume no monte'. O couto de Súbico ten tres divisións: Lañas, Arteixo, e Loureda. Desde o seu este albíscase a panorámica do atlántico.

O monte do Bernal acolle os lugares de Fonte e Marco de Bernal. Facía o linde das parroquias de Armentón, Larín e Lañas. Porén, coa construción da autoestrada desapareceron. O topónimo Bernal procede do nome persoal Bernaldo, de orixe xermánica e coa raíz bern 'oso'.

O monte da Xesta divide Larín de Armentón. Vai á Fonte Loureira, por debaixo das Casas Novas. O topónimo procede do latín gĕnĕsta.

O monte de Angra pertence á parroquia de Barrañán. No seu cume están os deslindes das parroquias de Barrañán, Arteixo e Lañas.

Hidrografía e áreas forestais Entre as paraxes naturais destacadas están o encoro do Rexidoiro, unha reserva ornitolóxica, e a fraga de Sisalde, onde hai un muíño antigo.

O encoro de Rexidoiro atópase no polígono industrial de Sabón. É un pantano de orixe artificial que antigamente se usaba para abastecer de auga ás industrias do polígono e da central térmica de Sabón. Agora utilízase como espazo para que aniñen distintas especies de aves durante a súa migración, xa que é para elas un sitio tranquilidade para a cría e con alimentos. No encoro obsérvanse varias especies de aves acuáticas e terrestres.

A Fraga de Sisalde está situada na parroquia de San Xián de Barrañán. É un bosque típico galego con carballos, castiñeiros, ameneiros e salgueiros á beira do río Sisalde que desemboca no areal de Barrañán.

Litoral Algúns espazos, como o de Sorrizo, son aproveitados para a pesca local ou para embarcacións tradicionais. As principais praias son a de Barrañán e a praia de Alba, en Sabón. É unha costa con facilidades de avistar aves de costa ou migratorias e cetáceos.

Cabos Os cabos e puntas da costa de Arteixo son: O cabo Llol O cabo Xancán A punta Percebeira Na península da Punta Lagosteira sitúanse o cabo Cociñadoiro, a punta Pariñeira, o cabo Armón, a punta Malveira e a Boleira de Antos A Punta de Augadoce A Punta Regueiro Praias

O litoral do concello abrangue as seguintes praias: Praia de Barrañán: A súa extensión é de 1.100 m por 20 m de longo. O nivel medio de ocupación é alto. É unha praia semiurbana con paseo marítimo, galardoada coa bandeira azul, principalmente composta por area branca. O estado habitual do mar é de ondada forte e é ventosa. Praia das Combouzas: Está ao lado da praia de Barrañán. É unha praia de area branca e semiurbana, nudista e con paseo marítimo. Ten bandeira azul. O nivel de ocupación é alto. A súa extensión é de 300 m por 30 m de largo. Adoita estar con ondada moderada e é ventosa. Suevos Grande: A súa extensión é de 145 m de longo por 15 metros de largo. O nivel medio de ocupación é medio. É unha praia semiurbana sen paseo marítimo principalmente composta por area branca. O estado habitual do mar é de ondada moderada. Está nunha zona de deposición de augas industriais. No lugar de Suevos están ademais as praias de Augadoce e Area Pequena de Suevos. Porto Chas: A súa extensión é de 90 m de longo por 1 m de largo. O nivel medio de ocupación é baixo. É unha praia semiurbana sen paseo marítimo e principalmente composta por rochas. O estado habitual do mar é de onddada moderada. Carece de area polo que a afluencia de bañistas e practicamente nula. Valcobo ou Area Grande: Esta praia é de area moi fina e está rodeada por un arco de cantís rochosos. Ten cámpings e restaurantes á beira. Area Pequena ou A Hucha: Praia illada, con paseo marítimo, e que está ao carón da praia de Valcobo. Ten unha forte ondada, co cal non é axeitada para o baño, pero si para percorrer o seu litoral. Os estratos da praia son bolos e rochas brancas. A súa extensión é de 95 metros por 15 metros de largo. O nivel medio de ocupación é alto. Repibelo: É unha praia pequena e illada con cantís. É de augas limpas e axeitada para a práctica do surf. A súa extensión é de 145 metros por 15 metros de largo. O nivel medio de ocupación é medio. O estado habitual do mar é de ondada moderada. Nas súas proximidades está a praia da Salsa Santa Irene: É unha pequena cala de area branca. É semiurbana e non ten paseo marítimo. A súa extensión é de 180 metros de lonxitude por 25 metros de largura. O nivel de ocupación é medio. O estado habitual do mar é de ondada moderada, e é ventosa. Alba ou Sabón: É unha praia ao lado do porto exterior da Punta Lagosteira, en Oseiro, con vistas á central térmica de Sabón. A súa extensión é de 800 metros de longo por 30-50 metros de largo. É unha praia para a práctica do surf e kitesurf. O nivel de ocupación é medio e está composta principalmente por area branca. O estado habitual do mar é de ondada forte. O Reiro: Está situada a escasos metros da praia de Barrañán. Presenta as condicións máis adecuadas para o baño, mais é pouco frecuentada.

Todas as praias de Arteixo están unidas pola senda peonil de 6,6 km do LIC Costa da Morte, que discorre desde Sabón ao Reiro. Está recoñecido co distintivo «Senda Azul» que outorga a Asociación de Educación ambiental e do consumidor (ADEAC-FEE).

Demografía No 2015, Arteixo contou cunha poboación de 30.950 habitantes, 1.402 de orixe estranxeira. A idade media situouse nos 42 anos. No 2014 a poboación mostrou un saldo vexetativo positivo: foi de 90 persoas, ao haber 195 mortes e 285 nacementos. O número de afiliados á seguridade social foi de 13.000. A industria empregou 3.527 persoas, a construción 1.133, a agricultura e a pesca 177 e os servizos 9.291. Nese ano houbo 2976 persoas sen emprego. O número de alumnos no sistema non universitario foi de 3.710 Información municipal. Sociedade e Poboación de Arteixo, A Coruña. Instituto Galego de Estatística..

Censo total 2015 30.950 habitantes Menores de 15 anos 5.035 (16,26 %) Entre 15 e 64 anos 21.418 (69,20 %) Maiores de 65 anos 4.497 (14,52 %)

Arteixo. Gráfica de poboación dende 1900 a 2020. División menor: 1.000 habitantes. Fontes: Instituto Nacional de EstadísticaPáxina do INE. e Instituto Galego de Estatística.Páxina do IGE.

Historia

O campamento costeiro do Reiro, Chamín, ten pegadas dunha comunidade mesolítica (10.000 - 5.000 a. C.). Neste sitio arqueolóxico atopáronse materiais de industria lítica, como cuarzo e cristal de rocha, ao aire libre. Tamén se atoparon restos de cervos, xabaríns ou raspas de peixes. Téñense documentados petróglifos como o de Borroa.

En 1981 foron catalogados no concello os seguintes castros:O noso patrimonio, castros de Galiza. ArteixoBOP da Coruña, núm 69 páx 3918, 26 de marzo de 2008 catálogo do patrimonio artístico e cultural, aprobado en pleno 8-4-96. {| |- style="vertical-align: top;" Castro de Larín (Larín) Castro de Anzobre (Armentón) Castro de Castelo (Sorrizo) Castro de Castelo “O Galo” (Lañas) Castro de Figueiroa (Arteixo) Castros de Laxobre (Arteixo) Castro de Canzobre (Morás) Castro de Pastoriza (Pastoriza) Castro de Rañobre (Oseiro) Castro de Galán (Oseiro) Castro de Cociñadoiro (Suevos, esnaquizado) O Puntido (Suevos)

Luís Monteagudo atopou indicios de prospeccións mineiras anteriores e da época e romana. En Rorís (Armentón) atopou seis machados dos chamados de tope.

Existen indicios de que unha vía romana. O camiño medieval que pasa por Lendo (A Laracha), era o principal camiño máis antigo que ía dende A Coruña ata Bergantiños. Desde esta parroquia o camiño penetraba no concello de Arteixo polo monte da Estrela, onde quedan os restos dunha capela.

A mención documental máis antiga ao topónimo de Arteixo dáse nun documento do tombo do mosteiro de Celanova, datado o 26 de setembro do ano 942: "en Faro, por doazón da miña tía dona Gunterode, Arteixo" (en ).

Lucas Álvarez recolle no seu libro San Paio de Antealtares, Soandres e Toques, tres conventos medievais galegos un documento do 25 de marzo do 1182 onde Urraca González, con licenza do seu home Froilán Ramírez e do seu irmán o conde Gómez, concerta co convento de Alteares para a cesión de por vida do convento de Cambre e outras igrexas: “Et mosteiro trado mosteiro de Moralibus cum suo cauto et hereditatibus et seruitialibus et familia, sicut eam ganauimus ego er unir meus”.

Existe unha importante representación do románico a través de igrexas como as de Santaia de Chamín ou Santa Mariña de Lañas. A arte románica tamén se percibe no estilo da ponte dos Brozos, situada na parroquia de Santiago de Arteixo. Atravesa o río Bolaños e trátase dunha obra de dous arcos con contrafortes no medio deles e un lixeiro peralte, con ramplas de acceso e calzada orixinal. Consérvase en bo estado e pertencería á Vía XX.

No século XVIII constrúese o balneario, hoxe rehabilitado, no que o Xeneral Porlier, asinará en setembro de 1815, o levantamento constitucional polo que será publicamente executado poucos días máis tarde, no Campo da Leña da Coruña.

No concello de Arteixo naceron ou viviron persoeiros como Manuel Murguía, Dora Vázquez, Arsenio Iglesias, Andrés Rojo del Cañizal e Manuel María Puga Parga, "Picadillo".

Política

Eleccións municipais 2019 +Partido PolíticoEscanosDiferenza de escanosVotosRepartimento de escanosPPdeG12 -17.580PSdeG-PSOE6 +23.929BNG2=1.398Alternativa dos Veciños1 +1938Cidadáns0=385

Eleccións municipais 2023 Partido PolíticoEscanosDiferenza de escanosVotosRepartimento de escanosPPdeG14 +28.519PSdeG-PSOE4 -22.584BNG2=1.514Alternativa dos Veciños1 =974

Economía

A economía de Arteixo estivo marcada pola creación do polígono de Sabón. Actualmente teñen nel a súa sede empresas como Bonilla a la Vista, Leyma, Teais, o grupo Inditex, La Voz de Galicia, a fábrica de FerroAtlántica ou a Central Térmica de Sabón. Foi oficialmente inaugurado o 14 de agosto de 1965 despois de que Franco autorizase á Deputación Provincial a expropiar os terreos para o asentamento industrial. O proceso de expropiación comezou o 25 de xaneiro de 1966 e expropiou 1500 leiras rústicas e 150 vivendas.

Os outros dous polígonos industriais situados no concello son o Polígono industrial de Morás e o Porto Exterior da Punta Lagosteira. A Refinería da Coruña é outra empresa importante situada entre Arteixo e A Coruña.

O concello pola súa extensión e orografía ten unha importante base forestal e do agro, plantacións de eucaliptos e piñeiros nas zonas montañosas e un número importante de explotacións agrarias por todo o concello. Outro sector importante son as explotacións mineiras como canteiras a ceo aberto. Xeografía