Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O xentilicio é (2015): "Os xentilicios en galego". En Eva M. Castro Figueiras; Mª Cristina Rodríguez Ricart. Na universidade en galego con seguridade, páx. 78. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1.

Xeografía Localización O termo municipal de Boimorto, que abarca unha superficie de 82,34 km², está situado no sueste da provincia da Coruña. Limita ao norte con Vilasantar, ao sur con Arzúa e Melide, ao leste con Sobrado dos Monxes e ao oeste con Frades e Mesía. O seu territorio está representado nas follas MTN50 (escala 1:50 000) 0071 e 0096 do Mapa Topográfico Nacional.

Está situado nunha zona de altitude media, cun relevo ondulado, sen chegar a constituír verdadeiras serras nin picos moi altos. O cumio de maior altitude é o coto das Amieiras (773 m), nos montes do Bocelo. Pola outra banda, no val do río Tambre, facendo fronteira con Frades, apenas se superan os 300 m.

Esta zona é propicia para a agricultura e a gandería, a base da economía local. Os terreos de Boimorto son moi produtivos, máis do 67 % dos terreos son propicios para os cultivos e a cría de animais, especialmente na parte oeste e central do concello, cara á conca do río Tambre. Outros ríos de menor importancia da parte sur pertencen á conca do río Ulla.

Segundo o INE o municipio está formado por 108 entidades de poboación distribuídas en 13 parroquias.

Clima O concello de Boimorto atópase dentro do dominio oceánico húmido, aínda que nos seus réximes térmicos presenta trazos típicos do interior. A influencia do mar vese alterada polo relevo, particularmente pola superficie de aplanamento na que se circunscribe o municipio, tirando polo alto dos 400 m de altitude. As temperaturas posúen leves matices continentais, sobre todo nos valores invernais (6,7 °C en xaneiro), sendo as medias estivais relativamente baixas (xullo 18,1 °C).

A temperatura media anual (12 °C) descende uns dous graos respecto á da costa, e a oscilación térmica sitúase en 11 °C. O risco de xeadas nocturnas é moi frecuente ata ben entrada a primavera.

As precipitacións son elevadas grazas á favorable exposición tanto ao vento do noroeste e norte como aos fluxos do sueste e oeste. O ritmo anual das choivas é sinxelo, cun máximo en inverno (36 % das precipitacións) e un verán seco (11 %), as estacións intermedias presentan unha pluviosidade similar (24% en primavera e 23 % en outono). É moi frecuente o ceo cuberto e as xornadas con precipitacións.

Organización territorial

Demografía

O concello de Boimorto conta cunha poboación de 2022 habitantes.​ A poboación sufriu un descenso progresivo nas últimas décadas, incrementándose o envellecemento da poboación do municipio.

Historia Da época castrexa consérvanse dous castros do século I, o castro de Dormeá e o castro das Corredoiras. Coa romanización, construíuse pola zona unha vía secundaria da Vía XIX que unía Braga con Astorga. En 1989 atopouse no lugar de Vilanova un miliario do século III. O monólito inclúe unha inscrición, traducida por Isidoro Millán González-Pardo e Luís Monteagudo do seguinte xeito:

Durante a Idade Media Boimorto pertencía á xurisdición do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Documentos do ano 569 citan a parroquia de Dormeá no transcurso dunha adxudicación á diocese de Iria. Posteriormente, Dona Urraca doou a parroquia ao cabido compostelán.

A vía romana converteuse nunha das variantes da vía do Norte do camiño de Santiago, pasando polas parroquias dos Ánxeles, Boimil, Boimorto, Sendelle, Brates e Mercurín.

Durante o Antigo Réxime as parroquias de Boimorto pertencían á provincia de Santiago, ás xurisdicións de Arzúa e Mesía baixo o señorío do arcebispado de Santiago. Tralas disposicións da Constitución de Cádiz as terras de Boimorto pasaron a pertencer ós concellos de Arzúa e Mesía, á súa vez pertencentes a provincia de Santiago. Trala instauración definitiva da administración municipal en 1835 estableceuse o actual concello de Boimorto, nos terreos e parroquias actuais, adscrito ao partido xudicial de Arzúa e á nova provincia da Coruña.

Cultura Toponimia O topónimo Boimorto non é transparente, e non se refire ao mamífero bóvido.

Este topónimo podería ter a súa orixe na palabra bado, que nomearía un paso non usado hoxe en día. Outra posibilidade é a de que Boi faga referencia a penas, xa que aparece en varios topónimos con ese sentido, e morto teña un significado semellante e indique un lugar con abundantes pedras.

Segundo Fernando Cabeza Quiles, posiblemente proceda da voz celta mor, referida a un lugar pedregoso.Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 73-74. Ed. Xerais, Vigo 1992.

Cotarelo Valledor recolleu a seguinte etimoloxía popular e fantástica sobre a orixe do topónimo:

Posteriormente, Xosé María Álvarez Blázquez desenvolveu máis esta lenda:

Patrimonio Arquitectura civil Pazo de Vieite de Boimorto é empregado como vivenda habitual e explotación agropecuaria. O portalón que limita o aceso presenta na súa parte central un escudo de armas. miniatura|179x179px|Pazo de Vilanova, en Dormeá

Pazo de Vilanova en Dormeá, trátase dun pazo amurallado con pombal. A súa construción data do século XVI. O edificio principal presenta unha planta cadrada que corresponde a diversas etapas construtivas. Na súa parte posterior hai unha gran balconada angular con balaustrada barroca. Posúe dous escudos de armas, un deles pertence á familia dos Castros e outro aos Ulloa.

Casa do Marco en Sendelle, propiedade privada do século XVII. A porta principal presenta un arco de medio punto, enmarcado en cantería e sobre ela un escudo.

Torre de Andavao , non se trata dunha torre, senón dun caserón. Atópase restaurado e conta cun escudo de armas na fachada principal. Hoxe en día é residencia habitual.

Arquitectura relixiosa O concello de Boimorto ten doce igrexas e cinco capelas. As máis destacadas son: Igrexa de Santa María de Sendelle, Sendelle, do século XII, cunha soa nave e sancristía lateral. Posúe gran valor arquitectónico e pictórico. No seu interior esconde a parte máis importante cunhas pinturas. Igrexa de Santa María dos Ánxeles, Os Ánxeles, probablemente a súa orixe se remonte á segunda metade do século XII. É unha igrexa reedificada que conserva restos románicos. A fachada presenta porta alintelada e nela atópase a imaxe da virxe. Igrexa parroquial de San Martiño de Andavao, Andavao, do século XIX e con estilo barroco. A súa fachada afástase das habituais, xa que conta cunha porta de ingreso formada por un grande arco de medio punto terminado nun frontón triangular sobre esveltas columnas pegadas. A escaleira de acceso é de recente creación e na parte posterior aparece un escudo no que se le “ano 1807”. Igrexa parroquial de San Cristovo de Dormeá, Dormeá, de estilo románico. A fachada principal é dunha época posterior, probablemente do século XIX, xa que aparentemente mostra un estilo neoclásico, con portada alintelada, óculo central semicircular, frontón partido con pináculos nos extremos.

Arquitectura popular miniatura|Lavadoiro de Arentía, en Andavao, Boimorto No municipio destacan numerosas obras de arquitectura popular. Entre elas pódense destacar as seguintes: Cruceiro en Areas, Andavao, con inscricións sobre a cruz. Cruceiro de San Pedro de Corneda, Corneda, ten grande interese por presentar na súa parte baixa unha pequena capela con imaxes no seu interior. Ten tres chanzos e unha hucha pegada ao pedestal.​ Lavadoiro de Arentía, Andavao, rematado con frontón triangular, baixo cuberta de tella a dúas augas sostida por dous piares de madeira e un muro de cachotería. Chégase baixando por unhas escaleiras. Fonte de Boimorto, realizada en pedra. Remata nun frontón triangular e unha saída de auga. Chégase a ela a través dunhas escaleiras. Lavadoiro de Boimorto, baixo cuberta de tella a dúas augas sostida por un muro de cachotería. Atópase soterrado pola súa parte de atrás. Hórreo en Viladóniga, Boimorto, típico da zona, con volume moi alargado, e cuberta a dúas augas, as cales sobresaen moito. Sitúase sobre outra construción que parece estar adicada ao almacenamento. Muíño no Campo da Lanza, Os Ánxeles, realizado en pedra e rehabilitado como vivenda. Aínda conserva a canle de traída de auga, aínda que esta se atopa desviada a escasos metros. Muíños en Pousada, Mercurín, conxunto de construcións pegadas, de forma rectangular e con muros de granito, realizados en cachotería, excepto os ocos que se fan con granito. As cubertas son a dúas augas e de tella.

Patrimonio industrial Telleira de Boimil, instalación de grandes dimensións, que representa a tradición e a modernidade na manufactura da tella e que funcionou ata finais dos 90. Era a instalación máis importante do ambiente. Hoxe en día está rehabilitada.

Patrimonio arqueolóxico Monte de Arriba, As Corredoiras, xacemento no que se atoparon diversos fragmentos cerámicos da era calcolítica-bronce. Mámoa de Croios Brancos, mámoa do Pinar (ben conservada), mámoas no Monte da Cabrita (pertencen ao neolítico e atópanse ben conservadas)​. Castro das Corredoiras (parcialmente arrasado), castro do Marco de Arriba (parcialmente arrasado), castro de Pousada (parcialmente conservado), castro das Medorras ( só se conserva un terzo orixinal), castro de Pedral (estruturas defensivas ben conservadas), Os Castros (só se conserva parte do sistema defensivo). Miliario romano: está situado diante da casa consistorial. É unha proba de paso dunha vía romana polo termo municipal.

Outro patrimonio Fitos quilométricos: varias estradas do concello, como a CP-0602 e a CP-1003 conservan fitos quilométricos en granito. Estes foron estandarizados co Plan Peña en 1939. miniatura|IV Serán da Conrobla.

Etnografía Festas e celebracións As festas son todas relixiosas, agás o entroido, que obedece a unha tradición pagá, que cada ano o concello celebra co tradicional desfile de disfraces, e o serán da Conrobla, unha festa de canto e baile tradicional que se celebra tódolos anos.

Outras festividades destacadas son as do apóstolo Santiago (25 de xullo) e as do Rosario (primeira fin de semana de setembro).

O primeiro sábado de cada mes celébrase a feira, podendo atoparse nela tanto excedentes agrarios, como roupa, calzado ou apeiros de labranza.

Festival da Luz O Festival da Luz é o evento máis coñecido do municipio. Creado por Luz Casal, este festival trouxo artistas como Manolo García, Los Secretos, Rosendo, Kiko Veneno, Hombres G, Triángulo de Amor Bizarro, Heredeiros da Crus, Love of Lesbian, Seguridad Social, Conchita, Agoraphobia, Siniestro Total, Jarabe de Palo, Fito & Fitipaldis...

O nome do festival é na honra a súa creadora, Luz Casal.

Cantares de Reis Concurso de música tradicional de reis, no que participan cuadrillas inscritas interpretando un "cantar de reis". Valórase que sexa un canto tradicional, enxebre e a autenticidade da peza; ademais da afinación e a dificultade.

Agrupación Folclórica Santiaguiños Creado en 1987, a Agrupación Folclórica Santiaguiños son un grupo de música tradicional da zona. Teñen certa relevancia a nivel autonómico e incluso participaron en programas como Luar.

En 2019, a asociación contaba con máis de 40 alumnos nas clases de baile, canto, gaita e percusión, ademais de organizar eventos relacionados coa cultura do pobo.

Símbolos O escudo de Boimorto foi deseñado polo gabinete de Vicente de Cadenas y Vicent, Cronista Real de Armas, tendo en conta tanto a historia de Boimorto como os escudos dos concellos veciños.

Está dividido en dúas partes horizontais: a superior fai referencia á cultura castrexa e a romanización, co debuxo dun castro nun monte á esquerda, e o miliario romano á dereita. A parte inferior fai referencia ao camiño de Santiago, cunhas cunchas e unha cruz de Santiago, sobre dúas ondas, referentes aos ríos Tambre e Iso.

Economía Sectores produtivos Sector primario