Bergondo é un concello da provincia da Coruña, que pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O xentilicio é .
Toponimia A orixe e o significado do nome de Bergondo son controvertidos. Aínda que algúns autores cren que pode derivar dun nome persoal de orixe xermánica, outros inclúeno entre os topónimos prerromanos compostos cun segundo elemento -gondo (coma Abegondo, Beigondo, Mabegondo...). Fai referencia ao rei Brigo ou a unha elevación montañosa: berg. O topónimo de Lubre, un dos lugares do concello, puidera ser o bosque sagrado dos celtas.
O primeiro documento no que se cita o topónimo Bergondo está datado en 1138 como 'Burgundium'. O abade Recendus de Burgundio confirma a doazón feita polo Conde de Traba á súa filla Urraca. Urraca no seu testamento de 1193 deixa o mosteiro chamado Bergondo.
Xeografía Demografía
Evolución da poboación de Bergondo dende 1900:
Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Censo total 2024 6702 habitantes Menores de 15 anos 797 (11,89 %) Entre 15 e 64 anos 4171 (62,23 %) Maiores de 65 anos 1734 (25,87 %)
Cultura Patrimonio Patrimonio arqueolóxico Existen numerosos castros no concello: Castro de Rebodero na parroquia de Ouces Bergondiño na de Bergondo Os Fornos, en San Xoán de Lubre Carrio (Bergondo) Santa Marta de Babío San Fiz de Vixoi Montecelo Pazos en Moruxo Castro do Monte da Fame en Guísamo
Patrimonio arquitectónico A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico, que foi construída na segunda metade do século XII, pertencía ao mosteiro bieito de San Salvador de Bergondo. Sobre a súa proporcionada planta basilical desenvólvense tres naves e tres ábsidas semicirculares. Despois dun incendio que provocou o afundimento da cuberta, fixéronse as reformas na segunda metade do século XIV. Na fachada principal destacan os dous robustos contrafortes e as arquivoltas, apoiadas en dous pares de columnas, que enmarcan un tímpano decorado con arcos de medio punto.
Patrimonio cultural Museos: Museo Pazo de Mariñán
Patrimonio natural Praias: Praia de Gandarío (Ouces) Praia do Pedrido Praia de Regueiro
Economía O concello ten unha importante base económica como periferia da cidade da Coruña por estar preto de Betanzos e o camiño de Santiago, e por ser lugar de paso da estrada N-VI e da autovía A-6. As súas boas comunicacións fan do polígono de Bergondo o núcleo económico do concello. Dende o século XVII coa ligazón coa cidade de Betanzos por concesión de cidadanía é un concello con sona de bos xoieiros. En Bergondo están algunhas das máis importantes fábricas de xoias de Galicia como Balcarsa, Unión Joyera ou Annique. Bergondo é coñecido como a xoia das Mariñas.
Política
Eleccións municipais de 2019 Partido PolíticoDiferenza en escanosVotos EscanosPSdeG-PSOE+1 1518PPdeG+11090Alternativa dos Veciñosnovo740BNG+1404
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Bergondo Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bergondo vexa: Lugares de Bergondo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Bergondo Pazo de Mariñán
Categoría:Bergondo Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía