Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O xentilicio é «».
Toponimia Arzúa foi confundida coa cidade de Araduca, poboada por galaicos brácaros e situada preto do actual Porto, citada por Claudio Tolomeo na súa Xeografía do século II d. C. Segundo Manuel Díaz y Díaz o topónimo tería orixe latina: argia, -mato-. En galego arxe, é palabra moi común na zona de Arzúa, Boimorto, Touro e Santiso, de certa profusión no noroeste peninsular do século VII. A orixe do actual nome de Arzúa estaría en argiola, zona máis ou menos extensa dominada por toxos, xestas, silveiras e carrasco. A forma máis antiga do nome de Arzúa sería Arçúa, (Arxúa en galego actual) co tempo castelanizaríase polo actual Arzúa.Porén aparece escrito Arzua nun documento de 1245, segundo o Inventario Toponímico da Galicia Medieval Segundo Fernández López, Arzúa viría de A-Re-Sua ou aream sudam ("espazo soleado"), Ara-súa. Asentamento romano agrícola, leira en renda ou propiedade ben orientada ao sol que medraría vinculada ao Camiño Primitivo ou á Vía XIX.Arzúa non foi Araduca, no blog A Nosa Historia (3-6-2009).
Cultura Etnografía É tradición que as campás da igrexa de Santa María de Rendal, parroquia de Arzúa, posúen poderes curativos e son capaces de curar a dor de moas se os que a sufrían tanxían as campás collendo cos dentes o cabo do badalo o Sábado de Gloria. Tamén son curativas as augas da fonte de San Lourenso de Brandeso, noutrora moi nomeadas, estando indicadas para enfermidades da pel e úlceras crónicas Gran Enciclopedia Galega, s. v. Arzúa..
Festas e celebracións miniatura|Festa do queixo.
A feira de Arzúa celébrase os días 8 e 22. Existen outras concentracións feirais con asistencia pública importante, como a festa do queixo, de sona nacional, e que se realiza anualmente o primeiro domingo de marzo. As outras feiras que organiza o concello son: Mostra de Apicultura: a data de celebración é variable pero sempre ten lugar durante o mes de xaneiro. Feira do cabalo: 3 de xullo. Feira de artesanía: 22 de xullo. Primeira Feira dos Cans de Caza: último domingo de setembro. Segunda Feira de Cans de Caza: primeiro domingo de outubro. Feira do Capón: 22 de decembro.
A parte de feiras, no concello existen outras datas sinaladas que levan parella unha conmemoración, tal é o caso do Día das Letras Galegas, o Día da Galiza mártir ou o Día do Libro. En diferentes parroquias de Arzúa existen outras festas a destacar, como son:
Festa do Roscón de Pascua: en Dodro o sábado de Pascua. Festa dos Botes: en Arzúa o segundo domingo de agosto. Xornadas do Pan: organizadas pola asociación Ánxel Casal, no meses de agosto e setembro e rotando polas distintas freguesías arzuás. Festa do Deporte: durante o mes de setembro. Festa do Emigrante: en Boente, os segundos mércores e xoves do mes de agosto. Festa das castañas: en Rendal, o 31 de outubro.
Outras celebracións son as tradicionais festas e romarías que se reparten durante todo o ano por tódolos currunchos das terras arzuás: San Sebastián, na Mella, o domingo seguinte ao 20 de xaneiro. San Vicente, en Burres o 23 de xaneiro. As Candeas, en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ao 2 de febreiro (festa-exaltación do caldo galego). Domingo de Corredor : en Oíns o domingo anterior ao Entroido. Santa Cruz, en Branzá o 3 de maio e en Maroxo o 11 de setembro. Perpetuo Socorro, en Brandeso o 21 de maio. Corpus Christi, en Arzúa, Branzá e Dodro, no mes de xuño (60 días despois do domingo de Pascua). en Figueiroa o 27 de xuño. en Viñós o 30 de xuño. en Santo Estevo do Campo o primeiro domingo de xullo. en Brandeso o 11 de agosto. en Santa María de Arzúa o 14 de agosto. en Tronceda o 16 de agosto. en Oíns o domingo seguinte á Santa María. Santo Antonio, en Vilantime e Branzá o domingo seguinte ao 13 de xuño. San Xoán, en Santa María de Arzúa e en Dodro o 24 de xuño. San Pedro, en Pantiñobre o sábado seguinte ao San Xoán, en Vilantime os días 29 e 30 de xuño e en Lema e Viñós o 29 de xuño. San Paio, en Pregontoño e Figueiroa o 26 de xuño. Santa Margarida en San Martiño de Calvos de Sobrecamiño o segundo domingo de xullo. Nosa Señora do Carme, en Viñós o do domingo seguinte ó 30 de xuño. en Arzúa os días 16, 17 e 18 de xullo. en Figueiroa o 1 de agosto. en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ó 15 de agosto. en Pantiñobre o 27 de decembro. San Cristovo, en Dombodán os días 30 e 31 de xullo. Santa Marta, en Pantiñobre o primeiro sábado de agosto. San Lourenzo, en Brandeso o 10 de agosto. Santa María, en Santa María de Arzúa, Dodro, A Castañeda, Rendal, Tronceda e Viladavil o 15 de agosto e en Maroxo os días 15 de 16 de agosto. Festa do San Queremos, en Vilantime, o penúltimo sábado de agosto. Festa da Mota na ermida da Mota en Santo Estevo do Campo. As festas da ermida son 24 de agosto (Mota Pequena), o 21 de setembro (Mota Grande) e o 28 de outubro, dedicados a San Bartolomeu, San Mateo e San Simón respectivamente. San Salvador, en Santa María de Arzúa o segundo domingo posterior á Santa María. Romaría de Nosa Señora, no Viso o primeiro domingo de setembro. Virxe da Saleta, en Boente o terceiro sábado e domingo de setembro. San Cosme, en Oíns os días 24, 25 e 26 de setembro. Santo Cristo, en Branzá o último domingo de setembro. San Miguel, en Rendal o 29 de setembro. O Rosario, en Lema o primeiro domingo de outubro. Romaría de San Froilán, en Rendal o 5 de outubro. Romaría da Fonte Santa, en Lema o segundo domingo de outubro. San Martiño, en Calvos de Sobrecamiño os días 11, 12 e 13 de novembro. Santa Leocadia, en Branzá o 9 de decembro. Santo Estevo, en Santo Estevo do Campo e Pantiñobre o 26 de decembro.
Gastronomía Arzúa posúe unha denominación de orixe dos seus queixos Arzúa-Ulloa, un dos máis representativos de Galicia. Todos os anos, o primeiro domingo de marzo faise a festa do queixo.
Xeografía Limita cos concellos de Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), Touro, O Pino e Frades.
Demografía
Censo total 6219 (2015) Menores de 15 anos 631 (10,15 %) Entre 15 e 64 anos 3768 (60,59 %) Maiores de 65 anos 1820 (29,26 %)
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Arzúa Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arzúa vexa: Lugares de Arzúa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Eleccións municipais en Arzúa
Queixo de Arzúa-Ulloa Ligazóns externas Páxina web do Concello de Arzúa Antón Santamarina en "O Seminario de Onomástica responde" (Real Academia Galega, 16.09.2024)
Categoría:Arzúa Categoría:Localidades do Camiño Francés Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía