Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca de Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.O título de cidade foi concedido a Monforte en 1885, por decreto real de Afonso XIII, polo "aumento da súa poboación, progreso da súa industria e comercio e a súa constante adhesión á Monarquía Constitucional"

Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o»Segundo Xosé-Henrique Costas González a forma correcta debería ser «montefortina/o», xa que o -ino sobre a forma do topónimo é sospeitoso de ser un castelanismo. ou «limés/limesa».Xosé-Henrique Costas González sinala que este xentilicio fai referencia a toda a comarca de Lemos.

Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que lle dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.

Historia A orixe: do Paleolítico aos romanos A historia de Monforte de Lemos remóntase ao paleolítico, e os seus primeiros habitantes coñecidos foron os Oestrimnios; na chamada época castrexa ou cultura dos castros, propia das tribos célticas, a tribo que poboaba Monforte, era coñecida como tribo dos Lemavos, e as primeiras referencias escritas a ela, datan dos historiadores Romanos Plinio e Estrabón, no século I a.C. A palabra lemos, que dá nome tamén á comarca, coñecida como Terra de Lemos, sería unha palabra céltica que significa "terra húmida ou fértil" e parece entroncar directamente coa raíz da palabra galega lama; crese que durante a prehistoria, Monforte, agora val, foi unha gran lagoa, e probas diso atópanse na dura arxila vermella que emerxe ao escavar uns metros no chan da cidade. Así mesmo o seu río, o Cabe (Chalibes), era xa coñecido polas súas propiedades ferruxinosas e moi prezado á hora de temperar as espadas dos guerreiros célticos, que acudían de moitos lugares con ese fin.

Dos romanos, cuxo vestixio quedou patente na cidade, provén a palabra Monforte, do latín Montem Fortem 'monte fortificado'. Sucesivamente, os suevos e os visigodos deixaron as súas propias pegadas: en época sueva as Terras de Lemos pertenceron en gran parte ao Condado Pallarense (relacionado co lugar de Pallares na parroquia de Baamorto); desta etapa consérvase un valioso broche visigótico, chamado "O broche de Baamorto", e conservado no Museo Arqueolóxico de Lugo. A poboación xudía tivo tamén grande importancia, contando cun barrio xudeu, no cal, ata a expulsión dos xudeus de España, acometida na Idade Media polos Reis Católicos, residiron importantes familias desa etnia; entre eles destacaron os Gaibor, familia da que se conserva a casa medieval e escudo de armas, no centro histórico de Monforte, así como a súa estela funeraria, no Museo Arqueolóxico de Ourense, datos, que xunto con outros de distinto xénero, nos fan avaliar o poder que ostentaba esta familia na vila medieval. É ilustrativo tamén o dato de que o apelido Lemos, moi estendido por diferentes partes do mundo, relaciónase con descendentes de xudeus monfortinos.

Da Idade Media á Ilustración Pero é a idade media un dos períodos máis relevantes na historia de Monforte; establécese no mosteiro de San Vicente do Pino, actualmente parador, a comunidade beneditina. A data exacta é imposible de precisar porque os documentos que o podían acreditar arderon durante o século XIX nun espectacular incendio, que acabou tamén con valiosos tapices e con gran parte do palacio que flanquea ao mosteiro, do que que só se conserva unha parte.

A torre da homenaxe e a muralla foron derruídas durante a Revolta Irmandiña, que enfrontou ao pobo coa nobreza; os responsables, unha vez sufocada a rebelión foron forzados a reconstruír o derruído. O conde de Lemos abstívose de practicar execucións dos rebeldes, quedando na memoria histórica a famosa frase do conde, pronunciada fronte ó Mariscal Pardo de Cela (quen suxería encher de Vasalos os Carballos): "Eu non me manteño de carballos".

Dous das máis grandes figuras a apuntar na historia da cidade, son o cardeal Rodrigo de Castro e Pedro Fernández de Castro y Andrade, sétimo conde de Lemos. O primeiro é coñecido como gran benfeitor da cidade; débeselle a construción do colexio de Nosa Señora da Antiga, de estilo herreriano un dos grandes tesouros monumentais de Galicia; coñecido como o Escorial galego, a súa praza adquiriu o nome de Campo da Compañía, pola Compañía de Xesús, á que o cardeal encomendou esta fundación. Arquitectos xesuítas trazaron o edificio e mestres xesuítas rexentaron o colexio ata 1767. Na espectacular igrexa da nosa Señora da Antiga gárdase, entre outras pezas, un enorme retablo esculpido polo gran mestre galego Francisco de Moure; nel é curioso comprobar un espazo en branco, presidindo o conxunto, no que debería figurar a insignia da Compañía de Xesús, borrada trala súa expulsión de España. O colexio, que conta cunha importante pinacoteca na que destacan varios Grecos, está rexentado desde entón polos Pais Escolapios.

miniatura|esquerda|200px|Retablo do colexio de Nosa Señora da Antiga, por Francisco de MoureEn canto a Pedro Fernández de Castro y Andrade, VII conde de Lemos, destacar que foi un fervente impulsor da cultura; mecenas de Cervantes, Góngora, Lope de Vega, os irmáns Argensola e Quevedo, foi definido por este último como "honra da nosa idade" e a el está dedicada a segunda parte do Quixote. Ocupou, así mesmo, entre 1603 e 1618, os cargos de Presidente do Consello de Indias, Vicerrei de Nápoles e Presidente do Consello Supremo de Italia; a el e á súa esposa, Catalina de la Cerda y Sandoval, débeselle a fundación de importantes conventos como o de San Xacinto e Santa Clara, este último cun dos museos de arte sacra máis importantes de España.

Tamén se recorda o protagonismo do conde de Lemos en pugnas de poder entre a nobreza galega e a Monarquía, nunha época que se caracterizaba por constantes friccións; nun ton de ameaza apenas disimulado, escribiu ao rei nestes termos: "Nos que somos tanto como Vos, pero que todos xuntos somos máis que Vos".

Ocupación napoleónica

Monforte ocupaba unha situación estratéxica no territorio galego durante a Guerra da Independencia española, o que fixo que fose atacada tres veces polos franceses, quen bombardeaban a poboación desde o próximo monte de Piñeira. Todas as disputas tiveron lugar en 1809: o 18 de xaneiro, o 20 de abril e desde o 4 ao 11 de xuño.

José Fernández Neira describiu que, a finais de marzo, Monforte converteuse nun centro de fabricación e distribución de armas, baixo o mando dunha delegación da Xunta Superior de Galicia. Tamén se recrutaba e equipaba a soldados. Todo iso puido motivar aos franceses a arrasar Monforte (na segunda disputa) e así acabar con estas actividades.

O 18 de xaneiro tivo lugar a primeira das disputas. As tropas francesas dividíronse ao entrar en Galicia: unha parte seguiu polo camiño de Carlos III, mentres outra parte seguiu polo curso do río Sil. Foron seguramente estes últimos os que entraron en Monforte. miniatura|Proezas de Galicia (PDF). A segunda tivo lugar o 20 de abril de 1809, a máis sanguenta con diferenza. As tropas de Soult e Ney saíron de Lugo e cruzaron o río Sil en persecución das tropas do Marqués da Romana, as cales acababan de desbandar, e Monforte estaba no seu camiño. Os habitantes da vila enfrontáronse con 6.000 soldados do 6º Exército Francés, comandados polo mariscal Soult, nun momento en que non se atopaban na vila nin o Batallón de Lemos nin o xeneral Martinengo, o encargado da defensa. José Fernández Neira chegara había poucos días a Monforte a entregar dúas sacas de correo roubadas aos franceses, e puido relatar as preparacións dos defensores no seu libro Proezas de Galicia.

A terceira foi entre o 4 e 11 de xuño, aínda que non houbo realmente ningunha batalla real. O marqués da Romana acababa de pasar por Monforte cara ao 2 de xuño, fuxindo de Soult. Soult saíu na súa persecución con 17.000 homes. Ao pasar por Monforte, atopouno deserto xa que os habitantes retiráronse ás penas de ao redor, e decidiu parar alí para descansar ás súas tropas e limpar os seus flancos, que estaban cheos de guerrilleiros. Os soldados sufriron constantes ataques que minguaron constante e fortemente o número e a moral das forzas francesas, mentres que os monfortinos sufrían poucas baixas.

Idade Contemporánea miniatura|esquerda|300px|Antiga Locomotora Mikado restaurada, na estación de Monforte En 1883 o rei Afonso XII inaugura a liña férrea entre Madrid e A Coruña. Monforte convértese nun importante nó ferroviario, ao ser a entrada natural a Galicia. Dous anos máis tarde, en 1885, outórgaselle, por Decreto Real, o título de "cidade" a Monforte de Lemos, en agradecemento polos seus traballos e esforzos para a chegada do ferrocarril. Comeza unha época de crecemento social, económico e cultural, no que a sociedade bole, numerosas asociacións políticas sociais e culturais, así como revistas e periódicos, aparecen na vida Monfortina. Estivo situada en Monforte unha das Irmandades da Fala, organización con moita relevancia na vida cultural galega da época.

Coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 o nome oficial pasou de ser Monforte a Monforte de Lemos para así diferenciar o concello doutras poboacións españolas co mesmo nome.

A guerra civil deixou tamén a súa pegada, e o alcalde monfortino Juan Tizón Herreros fuxiu a Portugal despois de realizar labores de organización da resistencia na vila, mentres que o seu antecesor no cargo, Rosendo Vila, foi asasinado por sectores incontrolados de Falange Española.

Posteriormente, o motor da vida en Monforte, é dicir a súa estación de ferrocarril, foi desmantelado, o seu nó ferroviario e o posto de mando foron trasladados a Ourense, e comezou unha terrible decadencia económica que deu lugar a numerosas pechaduras de establecementos, perda de servizos e empobrecemento.

Actualmente, a cidade parece experimentar un tímido rexurdir, produto de novas ideas, iniciativas e reformas, e das ganas de persoas de diversas ideoloxías de facer recuperar á cidade o status que lle corresponde; ideas destinadas tanto ao turismo, como o caso do seu Parador, como ó intento de mellorar a súa maltreita industria e atraer novos proxectos, como a construción dun Porto Seco ou a instalación na cidade de empresas como Transfesa e Tradisa.

Un dos puntais deste rexurdimento espérase que sexa a autovía A-76, que uniría a Monforte con Ponferrada e Ourense; tida como imprescindible para o desenvolvemento da zona, está sendo obxecto de polémica, xa que un trazado alternativo desatou un enfrontamento con Ourense, que afonda no conflito iniciado co desmantelamento do nó ferroviario e o seu traslado, xunto con posto de mando, á provincia veciña. Iso provocou multitudinarios movementos de opinión e protesta, que tras varias xuntanzas dos axentes sociais, deron paso a un período de espera, ante o que a comarca considera un irrenunciable dereito.

Símbolos dereita|100px