1988 (MCMLXXXVIII) foi un ano bisesto comezado en venres no calendario gregoriano. Foi o Ano do Dragón no horóscopo chinés. En números romanos foi o ano do século XX que está composto por máis letras (11).

Acontecementos Chano Piñeiro inicia a rodaxe da longametraxe galega Sempre Xonxa. Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días. Augusto Pinochet é derrotado no plebiscito celebrado en Chile e perde o poder que ostentaba dende o seu golpe de Estado de 1973. Aterraxe do transbordador espacial norteamericano "Discovery" na base aérea de Edwards (deserto de Mojave), culminando con éxito a primeira misión da NASA dende o fatal accidente do Challenger no 1986. Fúndase Galiza Nova, organización das mocidades do BNG. 29 de febreiro - Un documento nazi implica a Kurt Waldheim, exsecretario xeral das Nacións Unidas, en deportacións durante a segunda guerra mundial. 10 de marzo - Presentación pública da Frente Popular Galega. 12 de marzo - Aparece Diario de Galicia. 17 de marzo - Un Boeing 727 colombiano da compañía Avianca colide co montañas na fronteira coa Venezuela, matando 143 persoas. 17 a 20 de marzo - Guerra de Independencia de Eritrea: A Fronte de Libertación Popular da Eritrea derrota o exército etíope e entra na cidade de Afabet. 30 de abril - Abertura da Expo'88 en Brisbane, Queensland, Australia. 28 de maio - Constitúese en Melide a Asociación de Gaiteiros Galegos. Ocupa a presidencia Ricardo Portela. 20 de agosto - Final da Guerra Irán-Iraq: estimase en 1 millón a suma dos mortos dos dous bandos. miniatura|300px|Cabeceira de Diario de Galicia (Vigo), xornal que botou a andar en 1988.

Nacementos 25 de xaneiro - Aurora Jolie, actriz pornográfica estadounidense. 6 de marzo - Agnes Carlsson, cantante sueca. 5 de maio - Adele, cantante e compositora inglesa de jazz, soul e blues. 28 de xuño - Alina Orlova, cantante lituana. 18 de xullo - Tomáš Hampl, xogador de baloncesto checo. 9 de agosto - Pablo Hasél, rapeiro catalán. 21 de outubro - Alexandra Fernández Gómez, política galega. 14 de decembro - Vanessa Hudgens, cantante e actriz estadounidense (High School Musical).

Mortes 11 de xaneiro - Isidor Isaac Rabi, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1898). 13 de xaneiro - Chiang Ching-kuo, presidente de Taiwán (n. 1910). 15 de xaneiro - Seán MacBride, líder do IRA, Premio Nobel da Paz (n. 1904). 1 de febreiro - Enrique Fernández Maneiro, sindicalista anarquista galego (n. 1905). 7 de febreiro - Manuel Pesqueira, pintor galego (n. 1911). 15 de febreiro - Richard Feynman, físico estadounidense, Premio Nobel de Física (n. 1918). 19 de febreiro - André Frédéric Cournand, médico francés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1895). 21 de febreiro - Francisco Vázquez Díaz, escultor galego (n. 1898). 25 de febreiro - Kurt Mahler, matemático australiano n. Alemaña (n. 1903). 1 de marzo - Carlos Velo, cineasta galego (n. 1909). 9 de marzo - Kurt Georg Kiesinger, chanceler alemán (n. 1904). 10 de marzo - Andy Gibb, cantante británico (n. 1958). 31 de marzo - William McMahon, primeiro ministro de Australia (n. 1908). 14 de abril - Daniel Guérin, escritor anarquista francés. 2 de maio - Xosé Ramón Fernández-Oxea, escritor galego (n. 1896). 12 de maio - Chet Baker, músico de jazz norteamericano (n. 1929). 25 de maio - Ernst Ruska, físico alemán, Premio Nobel de Física (n. 1906). 28 de maio - Alfredo Volpi, pintor brasileiro (n. 1896). 2 de agosto - Raymond Carver, escritor norteamericano. 14 de agosto - Enzo Ferrari, fabricante italiano de automóbiles (n. 1898). 17 de agosto - Muhammad Zia-ul-Haq, líder do Paquistán (n. 1924). 1 de setembro - Luis Walter Álvarez, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1911). 14 de novembro - César Torres Martínez, avogado e político republicano galego (n. 1905). 6 de decembro - Roy Orbison, cantante estadounidense (n. 1936). 16 de decembro - Sylvester, cantante de R&B estadounidense da era disco (n. 1948). 27 de novembro - John Carradine, actor estadounidense (n. 1906). 21 de decembro - Nikolaas Tinbergen, ornitoloxista holandés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1907). Youssouf Gueye - escritor mauritano (n. 1928).

Premios Nobel Física: Leon M. Lederman, Melvin Schwartz e Jack Steinberger Química: Johann Deisenhofer, Robert Huber e Hartmut Michel Fisioloxía ou Medicina: Gertrude Elion. Literatura: Naguib Mahfouz Paz: Forzas de Paz das Nacións Unidas Economía: Maurice Allais miniatura|Otero Pedrayo.

Día das Letras Galegas dedicado a: Ramón Otero Pedrayo

Outros

Historia ano a ano

Notas

Categoría:1988