En Galicia hai 313Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do Estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

miniatura|300px|alt=Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2021|Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2021

Historia En xeral, a organización actual dos concellos obedece ao proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833. Abandonouse a estrutura do antigo réxime e desapareceron concellos (por exemplo, o de Cereixa na actual Pobra do BrollónII Festival científico do CSIC na Pobra do Brollón, conmemorando o bicentenario do concello), cando o territorio estaba organizado en xurisdicións, e adoptouse o modelo francés, que incluíu as provincias e os concellos.

Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: Vigo absorbeu os municipios de Bouzas (1904), Teis e Lavadores (1941); A Coruña o concello de Oza en 1912; Ourense absorbeu Canedo en 1943; Santiago de Compostela anexionou Conxo (1925) e A Enfesta (1962); Pontevedra sumou Alba (1868), Salcedo e Mourente, Xeve (1944) e Ponte Sampaio (1960); Ferrol incluíu Serantes en 1940; Vilagarcía de Arousa sumou O Carril e Vilaxoán en 1913; Celanova anexionou Vilanova dos Infantes (1927) e Acevedo do Río (1967). En 1927 o concello de Moreiras integrouse no de Xinzo de Limia.

En 1835 o concello de Agolada creouse ao se xuntar o de Ventosa-Borraxeiros e mais o de Basadre. En 1836 o concello de Rianxo absorbeu os de Asados e Taragoña. En 1837 uníronse os concellos de Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós, dando lugar ao concello de Cereixo, con sede en Pernaviva, mais en 1841 o municipio mudou o seu nome polo da Estrada ao mudar a capital. En 1845 uníronse os concellos de Conforto e Miranda, creando o novo concello de Viloudriz. En 1853 o concello de Silleda tomou este nome ao mudarse a esta vila a capital desde Chapa. Entre 1840 e 1874 o concello do Incio tivo a súa capital en Rendar, con ese nome. A finais do século XIX Caldas de Reis anexionou o concello de Saiar, e en 1904 o concello de Setados pasou a ter a capital nas Neves.

En 1916 un Real Decreto provocou o cambio de nome de quince concellos galegos, para evitar homonimias con outros de todo o Estado español. É o caso de Oza (Oza dos Ríos), Paderne (Paderne de Allariz), Vilameá (Villameá de Ramiranes, Vilameá de Ramirás), Antas (Antas de Ulla), Campo (Campo Lameiro, O Campo Lameiro), Cea (San Cristóbal de Cea, San Cristovo de Cea), Malpica (Malpica de Bergantiños), Monforte (Monforte de Lemos), Salceda (Salceda de Caselas), Viana (Viana del Bollo, Viana do Bolo), Acevedo (Acebedo del Río, Acevedo do Río), Nogales (Los Nogales, As Nogais), Salvaterra (Salvaterra de Miño), Vilamartín (Villamartín de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras) e Vilanova dos Infantes (Vilanova).

En 1924 Mondariz Balneario constituíuse como concello de seu, independizándose do de Mondariz. Até 1925 o concello da Proba de Burón abrangueu os actuais municipios da Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Nese mesmo ano Pontecesures independízase de Valga, e Rábade segregouse de Begonte. En 1926 creouse o concello de Ramirás ao se fusionaren Freás de Eiras con Vilameá de Ramirás.miniatura|Mapa das parroquias de Galicia e límites de concello.|esquerdaEn 1944 o concello de Carbia pasou a chamarse Vila de Cruces, ao pasar a este lugar a capitalidade, e en 1945 o concello de Trasparga pasou a chamarse Guitiriz. En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo de Puente Nuevo, fusionándose á súa vez en 1963 con Viloudriz co nome da Pontenova. En 1952 Riobarba pasou a denominarse Vicedo, e desde 1983 O Vicedo. En 1960 o concello de Val do Dubra toma este nome ao mudarse alí a capital desde Buxán. En 1974 Neira de Xusá pasou a chamarse Baralla.

En xullo de 1982 as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, pasaron do concello da Capela ao das Pontes de García Rodríguez.

En 1988 o concello de Cariño segregouse de Ortigueira, En 1995 Burela separouse de Cervo, e en 1997 A Illa de Arousa independizouse de Vilanova de Arousa. No ano 2012 os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras iniciaron un proceso de fusión, culminado en xuño de 2013 coa creación do concello de Oza Cesuras. O 22 de setembro de 2016 creouse o concello de Cerdedo Cotobade, formado pola fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.DECRETO 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade., DOG nº 197, de 17 de outubro de 2016.

Moitos dos concellos reciben o seu nome da cidade ou vila principal. Outros municipios mudaron a súa capital, polo que o topónimo do concello non se corresponde co lugar onde está a casa consistorial. Noutros casos o nome do concello non se corresponde co dunha entidade de poboación concreta, como no caso de Alfoz do Castrodouro ou O Saviñao.

Lista de concellos (Véxase tamén Lista de concellos galegos por poboación) Concello Habitantes(2017) Superficie(km²) Capital Comarca Provincia Alcalde/saPartidoAntigüidade na alcaldíaAbadín2.490196 AbadínA Terra CháLugoXosé María López RancañoRodríguez & Gaciño (1983), p. 165PPdG1983Abegondo5.46783,9 San Marco A CoruñaA CoruñaJosé Antonio Santiso MiramontesPPdG2011Agolada2.431147,8 Agolada DezaPontevedraÓscar ValPAYJ2025Alfoz do Castrodouro1.78277,5 A Seara A Mariña CentralLugoEfigenia Maseda PazVIA Alfoz2023Allariz6.02686 Allariz Allariz - MacedaOurenseMaría Cristina Cid FernándezBNG2018Ames30.83580 Bertamiráns SantiagoA Coruña José Blas García PiñeiroPSdeG-PSOE2021Amoeiro2.23139,7 Amoeiro OurenseOurenseJose Luís González LópezPSdeG-PSOE2019Antas de Ulla2.059103,6 Antas de Ulla A UlloaLugoPilar García PortoPSdeG-PSOE2023Aranga1.935119,6 Ponte Aranga BetanzosA CoruñaAlberto PlatasPPdG2011Arbo2.71142,9 O Pazo A ParadantaPontevedraHoracio GilPPdG2014Ares5.65818,3 Ares FerrolA CoruñaJulio Iglesias RedondoPSdeG-PSOE2007A Arnoia1.01320,7 Outeiro Cruz O RibeiroOurenseRodrigo Aparicio SantamaríaPPdG2015Arteixo31.53493,4 Arteixo A CoruñaA CoruñaCarlos CalveloPPdG2011Arzúa6.123155,4 Arzúa ArzúaA CoruñaXoán Xesús CarrilBNG2015Avión1.860120,5 AviónO RibeiroOurenseAntonio Montero FernándezPPdG2005Baiona12.16934,5 Baiona VigoPontevedraJesús Vázquez AlmuíñaPPdG2023Baleira1.296168,8 O Cádavo A FonsagradaLugoÁngel Martínez-PugaPPdG2013Baltar95794 Baltar A LimiaOurenseJosé Antonio Feijoo AlonsoPPdG2007Bande1.61899 Bande Baixa LimiaOurenseSandra Quintas VázquezPPdG2020A Baña3.54198 San Vicenzo A BarcalaA CoruñaJosé Antonio Pereira GilPSdeG-PSOE2023Baños de Molgas1.62367,6 Baños de Molgas Allariz - MacedaOurenseManuel Fernández MovillaPPdG2023Baralla2.630141,2 Baralla Os AncaresLugoMiguel González PiñeiroPPdG2019Barbadás10.79130,2 Barbadás OurenseOurenseXosé Carlos Valcárcel Doval PSdeG-PSOE2015O Barco de Valdeorras13.58185,7 O Barco ValdeorrasOurenseAurentino AlonsoPSdeG-PSOE1999Barreiros2.94872,4 San Cosme A Mariña OrientalLugoAna Belén Ermida IgrexasBNG2015Barro3.69937,6 Santo Antoniño PontevedraPontevedraXosé Manuel Fernández AbraldesBNG2015Beade4116,4 Beade O RibeiroOurenseFernando Taboada GuntínPPdG2023Beariz98256 Beariz O CarballiñoOurenseManuel Prado LópezPPdG1983Becerreá2.856172,1 Becerreá Os AncaresLugoManuel Martínez NúñezPSdeG-PSOE2007Begonte3.071126,8 Begonte A Terra CháLugoJosé Ulla RochaPPdG2011Bergondo6.62332,7Carrio A CoruñaA CoruñaAlejandra Pérez MáquezPSdeG-PSOE2008Betanzos12.94124,2 Betanzos BetanzosA CoruñaMaría Barral VarelaPSdeG-PSOE2018Os Blancos81247,6 Os Blancos A LimiaOurenseJosé Manuel Castro BlancoPPdG2011Boborás2.37587,8 Boborás O CarballiñoOurenseAna Patricia Torres MadureiraPPdG1991Boimorto2.04082,4 VilanovaArzúaA CoruñaMaría Jesús Novo GómezPPdG2016Boiro18.88586,6 Boiro BarbanzaA CoruñaJose Ramón Romero GarcíaPSdeG-PSOE2019A Bola1.25134,9Campo de VeigaA Terra de CelanovaOurenseMaría Teresa Barge BelloPPdG2003O Bolo93891,2 O Bolo ValdeorrasOurenseMiguel Ángel García FariñasSomos O Bolo (SOB)2025Boqueixón4.24273,2O ForteSantiagoA CoruñaOvidio Rodeiro TatoPPdG2023Bóveda1.52791,1BóvedaTerra de LemosLugoJosé Manuel Arias LópezPPdG1999Brión7.69974,9PedrouzosSantiagoA CoruñaPablo Lago SanmartínPSdeG-PSOE2020Bueu12.14530,8BueuMorrazoPontevedraFélix Juncal NovasBNG2007Burela9.5247,3Burela A Mariña CentralLugoCarmela López MorenoPSdeG-PSOE2023Cabana de Bergantiños4.34799,8 A Carballa BergantiñosA CoruñaJosé Muíño DomínguezPPdG2003Cabanas3.31430,3 Cabanas EumeA CoruñaFernando CoucePPdG2023Caldas de Reis9.82568,2 Caldas de Reis CaldasPontevedraJacobo Pérez GulínPSdeG-PSOE2024Calvos de Randín81897,7Calvos A LimiaOurenseAquilino Valencia SalgadoPSdeG-PSOE2007Camariñas5.41951,9 Camariñas A Terra de SoneiraA CoruñaSandra Ínsua RialPSdeG-PSOE2018Cambados13.90023,4 Cambados O SalnésPontevedraSamuel Lago OzónPSdeG-PSOE2022Cambre24.34840,7 Cambre A CoruñaA CoruñaDiana Piñeiro FernándezPPdG2025O Campo Lameiro1.86763,8 A Lagoa PontevedraPontevedraCarlos Costa DomínguezPPdG2019Cangas de Morrazo26.49038,1 Cangas de Morrazo MorrazoPontevedraAraceli Gestido RodríguezBNG2023A Caniza5.233108,1 A Caniza A ParadantaPontevedraLuís Antonio Gómez PiñaPSdeG-PSOE2019A Capela1.24758 As Neves EumeA CoruñaManuel Meizoso LópezPSdeG-PSOE2011Carballeda de Avia1.35647 Carballeda de Avia O RibeiroOurenseLuís Milia MéndezPSdeG-PSOE2011Carballeda de Valdeorras1.623222,7 Sobradelo ValdeorrasOurenseMaría Carmen González QuintelaPPdG1991Carballedo2.266138,8 A Barrela ChantadaLugoJulio Yebra-PimentelPPdG1983O Carballiño13.85454,4 O CarballiñoO CarballiñoOurenseFrancisco Fumega PiñeiroPSdeG-PSOE2015Carballo31.195186,8 Carballo BergantiñosA CoruñaEvencio Ferrero RodríguezBNG2003Cariño4.00446,8 CariñoOrtegalA CoruñaJosé Miguel Alonso PumarPSdeG-PSOE2015Carnota4.06070,9 CarnotaMurosA CoruñaJuan Manuel Saborido RamaPSdeG-PSOE2019Carral6.23748 Carral A CoruñaA CoruñaFrancisco Javier Gestal PoseAV2019Cartelle2.68394,3OutomuroA Terra de CelanovaOurenseJaime Sousa SearaPPdG2017Castrelo de Miño1.44539,7 Barral O RibeiroOurenseAvelino Pazos PérezPPdG2019Castrelo do Val1.028122 Castrelo do Val VerínOurenseCristina Gómez DobarrioPSdeG-PSOE2026O Castro de Caldelas1.29887,6 O Castro de Caldelas A Terra de CaldelasOurenseSara Inés Vega NúñezPSdeG-PSOE2014Castro de Rei5.013177 Castro de Rei A Terra CháLugoFrancisco Balado TeijeiroPPdG2011Castroverde2.676174,2 Castroverde LugoLugoXosé María Arias FernándezPSdeG-PSOE1999Catoira3.33729,4 Catoira CaldasPontevedraAlberto García GarcíaPSdeG-PSOE1989Cedeira6.88885,4 Cedeira FerrolA CoruñaPablo Diego Moreda GilPSdeG-PSOE2015Cee7.53957,5 Cee FisterraA CoruñaMargarita Lamela LouzánPSdeG-PSOE2019Celanova5.45567,3 Celanova A Terra de CelanovaOurenseAntonio Puga Rodríguez2019Cenlle1.17629 Cenlle O RibeiroOurenseJosé Manuel Rodríguez LamasPPdG2019Cerceda4.992110,9 Cerceda OrdesA CoruñaJuan Manuel Rodríguez GarcíaPSdeG-PSOE2019Cerdedo Cotobade6.107214,50 A Chan Pontevedra /