Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «». Topónimo A orixe do topónimo "Aranga" deriva, segundo todos os estudos, da forma preindoeuropea "ara-". Esta partícula define un relevo caracterizado por un val encaixado polo que discorre un curso fluvial. Sen dúbida, refírese ao val que forma o río Mandeo ao seu paso pola parroquia de San Paio de ArangaPáxina do Concello. Xeografía miniatura|300px|Mapa de Aranga coas súas parroquias. Situación Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza Cesuras, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo. Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.
Demografía É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).
Censo total 2014 2033 habitantes Menores de 15 anos 118 (5,8 %) Entre 15 e 64 anos 1136 (55,88 %) Maiores de 65 anos 779 (38,32 %)
Patrimonio miniatura|Aranga no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845). Patrimonio arqueolóxico Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dolmens e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.
En Fervenzas existen tres castros: Castro do Valló, nos Casarellos e o castro das Cotorras. Apréciase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro. Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, machados, puntas de frechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.
En Muniferral hai un castro, no que se aprecia ben toda a súa estrutura. En Feás está documentada a existencia dun castro denominado Castro de Flores, no lugar coñecido como Flores ou A Feira. Nas inmediacións do mesmo produciuse o achado dun torque, actualmente depositado no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, e que aparece catalogado como torque de Ois (o lugar de Flores, e o propio castro, sitúanse da cabalo dos concellos de Coirós, parroquia de Santa María de Ois, e Aranga, parroquia de Feás), pero que tamén é coñecido como torque de Flores.
Arquitectura relixiosa A igrexa de Muniferral é un templo románico, do século XII. A igrexa de San Paio é barroca, do século XVII. Na capela do Cristo consérvase a Santa Cruz, de latón do século X.
Son numerosos os cruceiros existentes nas distintas parroquias do concello. O cruceiro de San Vicente de Fervenzas está datado entre finais do século XV e principios do XVI. A capela de San Salvador de Fervenzas aparece citada no Catastro de Ensenada.
Arquitectura civil A ponte sobre o río Mandeo en Ponte Aranga, data do século XVII. A Ponte Vella, na Castellana, tamén sobre o río Mandeo, data do século XVI, sendo posteriormente reformada. Por esta ponte pasaba o camiño real da Coruña a Lugo.
Existen varias pazos ou casas grandes de interese, como é o caso da casa do Vinculeiro, no lugar da Lagoa, na parroquia de Feás, hoxe en deficiente estado de conservación, e que presenta un interesante portalón de pedra.
Aranga na cultura popular A lenda conta que hai séculos ían unhas mulleres camiñando preto da igrexa e escoitaron soar unha campaíña. Contáronllo ó cura e este mandou cavar no lugar, ata que atoparon unha cruz de ferro e unha coroa de prata. Cando sacaron estes obxectos comezou a abrollar auga, que deu lugar á actual fonte; ó seu pé hai unha cruz gravada na pedra. Co tempo levantouse unha ermida a carón da fonte.
A Santa Cruz e a fonte de Aranga teñen propiedades curativas, ó dicir dos veciños. Para curar dalgunha enfermidade, o doente debe lavarse coa auga que se vai acumulando na cruz de pedra. Do mesmo xeito, para conseguir ter fillos, os interesados deben lavar as súas partes con esta auga, e disque tamén é eficaz para protexer as colleitas das diferentes pragas Gran Enciclopedia Galega III, s. v. Aranga..
Cantigueiro A verdadeira Cruz de Aranga / queda sentada na porta / mirando para os romeiros / como lle soben a costa. Pasei a ponte de Aranga, / non a pasei por ladrón, / paseina por bo mozo, / porque tamén eu son. Verdadeira cruz de Aranga/ que has de dar ós teus romeiros/ auguiña da túa fonte,/ sombra dos teus castiñeiros.
Aparece tamén Aranga na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide…
Política
Eleccións municipais de 2019 +Eleccións municipais de 2019Partido políticoConcelleirosVotosPorcentaxePPdeG5 (-1)75153,30%PSdeG-PSOE4 (=)52637,33%BNG0 (=)1238,73% Pasaron dos 11 escanos aos 9 escanos.
Eleccións municipais de 2015 +Eleccións municipais de 2015Partido políticoConcelleirosVotosPorcentaxePPdeG6 (=)72848,08%PSdeG-PSOE4 (=)52134,41%i Aranga1 (-)19312,75%BNG0 (-1)583,83%
Eleccións municipais de 2011 +Eleccións municipais de 2011Partido políticoConcelleirosVotosPorcentaxePPdeG6 (=)84650,39%PSdeG-PSOE4 (=)59335,32%BNG1 (=)23113,76%
Eleccións municipais de 2007 +Eleccións municipais de 2007Partido políticoConcelleirosVotosPorcentaxePPdeG685348,41%PSdeG-PSOE465637,23%BNG124013,62%
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Aranga Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Aranga vexa: Lugares de Aranga.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Eleccións municipais en Aranga
Ligazóns externas
Categoría:Aranga