A provincia de Ourense é unha das catro provincias de Galicia, limita coa de Pontevedra ao oeste, coa de Lugo ao norte, e coas de León e Zamora de Castela e León ao leste, e con Portugal ao sur. Cunha área de 7 273,2 km2, é a única provincia interior de Galicia. A capital provincial é a cidade homónima Ourense, o maior centro poboacional. En 2024 na provincia vivían uns 304 592 habitantes.
miniatura|Mapa do partido de Ourense de Juan Quintana, 1807.
Datos xeográficos
Localización
Provincia suroriental de Galicia e a única sen litoral marítimo. Limita: Ao norte, coas provincias de Lugo e Pontevedra. Ao oeste, coa provincia de Pontevedra e mais co distrito de Viana do Castelo, Portugal. Ao sur, e de oeste a leste, cos distritos de Viana do Castelo, Braga, Vila Real e Braganza, pertencentes a Portugal. Ao leste, coas provincias castelán-leonesas de León e Zamora.
Superficie, demografía
A provincia de Ourense ocupa 7.273,26 km². Neles, vive unha poboación de 304.550 habitantes (IGE 2023). Como resultado, Ourense ten unha densidade de poboación de 41,84 hab/km²; moi lonxe da media galega, que é de 91,36 hab/km². Algo máis dun terzo da poboación provincial vive na actualidade na capital, e aproximadamente o 47% do censo da provincia reside na comarca de Ourense, onde se atopan, a maiores da capital, tres dos restantes 10 concellos máis poboados da provincia (Barbadás, O Pereiro de Aguiar, e San Cibrao das Viñas).
Localidades importantes Excepto o da capital, ningún dos outros 92 concellos provinciais acada os 14.000 habitantes. A lista ordenada dos once máis importantes nos inicios do ano 2022 era a seguinte:
Concellos máis poboados (2023)PosiciónConcelloPoboación1ª20px Ourense 104.2502ª 23x23px O Carballiño13.9683ª20px Verín13.6124ª 26x26px O Barco de Valdeorras13.2775ª20px Barbadás 11.1406ª20px Xinzo de Limia 9.9537ª20px O Pereiro de Aguiar 6.6478ª 28x28px Allariz 6.3789ª 28x28px Celanova5.70910ª 20pxSan Cibrao das Viñas5.67511ª20pxRibadavia 4.97312ªA Rúa4.14113ªColes3.17614ªMaceda2.878
Na lista dos concellos da provincia de Ourense poden verse todos. Economía
As industrias inclúen a fabricación química, a produción de leite, o embotellado de auga preto de Verín e a fabricación de roupa preto da capital ourensá. Unha das maiores empresas transformadoras de aves tamén está situada na zona industrial próxima a esa cidade. Tamén hai un bo número de industrias e empresas auxiliares do automóbil, relacionadas coa factoría de Stellantis de Vigo .
A provincia tamén ten catro rexións vitivinícolas, das cinco de toda a rexión de Galicia. Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras.
Aínda que non sexa un importante centro turístico, o turismo contribúe un pouco á economía. Os vales dos ríos atraen aos veraneantes e hai varias cidades medievais ben conservadas (Allariz e Ribadavia).
Orografía
dereita|miniatura|Alto de Outeiro de Augas na estrada OU-411, entre os concellos de Verea e Bande. dereita|miniatura|Porto dos Currais, entrada na provincia desde Porto de Seabra.
É unha provincia cunha altitude media non moi elevada, pero moi montañosa. As terras, sitas no oeste da provincia, nos límites coa provincia de Pontevedra e de Lugo, atópanse dentro da Dorsal galega, é dicir, o sistema montañoso occidental de Galiza, con serras como a do Suído ou a do Faro de Avión, que poden acadar nas súas cotas máximas alturas de arredor de 1.000 m: Coto da Puza con 1.035 m., Marcofán de 939 m, Uceiro de 1.003 m, Alledo 1.013 m, atinxindo o punto máis alto no propio Faro de Avión con 1.155 m. Son materiais moi antigos, fundamentalmente graníticos, cortados por fracturas por onde corren os ríos (Arenteiro, Cea, Avia etc.), que conforman os vales. O aspecto de conxunto é macizo e serve de divisoria entre os ríos mencionados e as cuncas do río Ulla, Oitavén, Tea (este afluente do mesmo Miño), ao tempo que actúa como unha primeira barreira fronte á influencia atlántica, mais a súa altura relativamente baixa e os vales transversais non impiden o paso das chuvias, aínda que as atenúan.
A zona centro-oriental é moito máis accidentada, presentando maiores altitudes. Estas atinxen nos puntos máis altos nas serras que limitan coas provincias de León e Zamora: serra da Enciña da Lastra (Tara, 1.099), serra do Eixe (Pena Trevinca, 2.127 m, o punto máis elevado da comunidade), serra Segundeira, serra Calva (Montouto, 2.045 m). No centro domina o Macizo Central ourensán, no que se desenvolven unha serie de serras en disposición radial, de menor altitude, pero que facilmente poden superar os 1.500 m: Cabeza Grande (1.778 m), O Invernadeiro-Queixa (Seixo, 1.707 m), serra de San Mamede (Fonte do Santo, 1.618 m). Este relevo foi orixinado en boa parte polos movementos tectónicos do Neoxeno, formándose como consecuencia, non só alzamentos, senón tamén depresións, máis ou menos amplas e máis ou menos altas, que ás veces poden aparecer como amplas foxas. Así no leste temos a depresión do Bolo; ao norte e oeste do val Sil-Miño - que pode abrirse en amplitude e escalonarse, como a de Ourense -; no sur, a Limia, o val de Maceda e o val de Verín.
Polo sur, os mesmos fenómenos tectónicos aludidos, crearon outra serie de serras de distinta orientación (oeste-leste), que teñen unha menor altura, pero superior á das serras occidentais, e que dificultaron, tradicionalmente, a comunicación con Portugal, agás pola depresión de Verín: serra do Xurés (Nevosa, 1.539 m), serra do Larouco (Larouco, 1.525 m), serra de Penas Libres (Mairos, 1.083 m), serra da Esculqueira (Penedo dos Tres Reinos, 1.025 m.)
Hidrografía miniatura|dereita|Valgada do río San Lázaro, Macizo Central ourensán. miniatura|dereita|250px|Tramo do río Arnoia. A provincia ourensá vese percorrida por infinidade de ríos. Deles, o máis importante é o Miño, recentemente afluído o Sil neste, nun punto do límite coa provincia de Lugo.
Hidrograficamente a provincia de Ourense está dividida en tres cuncas: a do Miño, a do Limia e a do Douro. A cunca do río Miño ocupa unha boa parte da provincia: 4.837 km² (da que corresponden á subcunca do río Sil 2.545 km²); a do Limia ocupa nesta provincia 1.395 km²; por último, a do Douro, as bacías dos ríos cuxas augas acaban no Douro abranguen 1.117 km².
O Miño ten unha parte pequena do seu curso dentro dos límites provinciais: entra á altura dos Peares e abandónaos en Cortegada de Miño. Á parte do Sil, os seus afluentes principais son o Búbal e o Avia pola dereita, e o Loña, Barbaña, e Arnoia pola esquerda. O Sil, que como é sabido é o afluente principal do Miño, ocupa máis da metade da cunca miñota na provincia, e desde logo na confluencia de ambos, nos Peares, contén maior caudal, facendo bo o refrán: "O Miño leva a fama, e o Sil a auga". O Sil entra na provincia, procedente do Bierzo, pola freguesía de Covas, no concello de Rubiá, ocupando unha posición central na depresión do Valdeorras. Desde os seus confíns serve, na maior parte do seu curso, de límite coa provincia de Lugo, ata Os Peares, punto de unión co Miño. O seu afluente principal é, sen dúbida, o Bibei (97 km), que drena augas das serras máis elevadas da provincia: Macizo Central, serra do Eixe, serra Segundeira, por medio do Xares, Camba, Conso e Navea, principalmente.
O Limia forma de seu unha cunca independente, pois vai dar directamente ao Atlántico, formando o esteiro de Viana do Castelo, en Portugal, onde transmuta o seu nome como Lima. O río Salas, que aflúe pola súa esquerda, é o máis importante tributario.
Varios ríos acaban coas súas augas no Douro, en Portugal; o máis importante é sen dúbida o Támega, que ten unha lonxitude total de 145 km, superior á da maioría dos ríos galegos; o seu afluente máis importante é un segundo Búbal. O resto dos ríos durienses teñen un curto percorrido dentro da provincia, e os máis destacábeis son o Mente e o Diabredo, que a final son subafluentes do Douro, por intermedio do Tuela.
A maioría destes ríos teñen un réxime fluvial de tipo oceánico; os seus máximos niveis de caudal son invernais, como corresponde ao clima atlántico dominante; mais o Sil e os seus afluentes, por mor do montañoso das súas cuncas, gozan de réxime nivo-pluvial, prolongando os máximos caudais durante a primavera, debido ao desxeo.
Con frecuencia o percorrido montañoso encaixa os ríos, obrigándoos a moverse entre bordos de gran pendente, o que ten creado algunhas das paisaxes máis fermosas da provincia, como son os diversos canóns do Sil (o de Covas, na súa entrada en Galiza, ou o comprendido entre Quiroga e os Peares). O cambio de materiais dos solos orixinou ás veces potentes fervenzas, das que cabería destacar a do río Cenza, nese pequeno afluente do Bibei. Por outra banda nesas mesmas vertentes o aproveitamento agrícola, ao tempo que axudaba a fixar as ladeiras, axudou ao embelecemento paisaxístico coa construción de socalcos escalonados, polo normal plantados con videiras. Isto é observábel, dentro dos límites provincias, nas ribeiras do Bibei, á altura do encoro do Vao, ou ben no curso do Miño entre os Peares e a cidade de Ourense.
Esta riqueza hídrica fixo que se construísen encoros por todos lados, asolagándose con frecuencia algúns dos vales máis ricos da provincia, o que non deixou de provocar protestas en pleno franquismo, sendo destacábeis as provocadas polo encoro do río Xares en Prada, no concello de A Veiga, a fins dos anos 50, e as da presa de Castrelo de Miño, sobre o Miño, no Ribeiro, a comezos dos 60.
Clima Climaticamente a provincia de Ourense, como toda Galiza, pertence ao tipo oceánico, caracterizado en liñas xerais por temperaturas suaves ao longo de todo o ano - con máximas estivais e mínimas invernais -, e precipitacións tamén durante todo o ano - con máximos invernais e mínimos estivais -. Porén non é o clima da costa (este mesmo ten sido cualificado de hiper-húmido na súa zona sur). A posición interior do territorio ourensán e a existencia dun relevo elevado propician diferenzas, carecendo por outra banda de homoxeneidade en toda a provincia. Basicamente distínguense catro zonas climáticas ourensás:
Dominio oceánico de transición Aparece na zona noroccidental da provincia. Sen que chova como na costa, as precipitacións acadan valores en torno aos 1.500 mm, as temperaturas medias anuais, que ostentan o menor gradiente térmico da provincia, son suaves, acadando entre 12 e 14 °C de media. Os veráns poden cualificarse de frescos, pois non se atinxen nin os 20 °C de media. As precipitacións anuais andan arredor dos 1.500 mm, pero hai unha certa aridez estival. Un exemplo é Seoane, no concello do Carballiño:
+ Seoane 1931-1960 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec ANUAL Temp. media (°C)5,16,48,410,412,615,717,917,615,712,47,85,511,1 Precipitacións (mm) 20415118511098502738571291761991423
Dominio oceánico continentalizado Corresponde á zona meridional da provincia: depresións da Limia e do Támega. As temperaturas medias anuais están entre 10º e 11 °C, e as precipitacións sobre 900 mm anuais. Porén as temperaturas invernais son frías, con abundantes días de xeadas, mentres a seca estival, con alto déficit de precipitacións, pode durar ata catro meses. Este dominio enlaza co da meseta central lucense, pero está rota a continuidade rómpese nos vales do Sil-Miño. Os datos básicos do clima de Xinzo de Limia poden mostralo:
+ Xinzo de Limia 1931-1960 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec ANUAL Temp. media (°C)4,54,97,89,212,215,217,517,715,211,27,84,910,5 Precipitacións (mm) 94941196774512024529399134921
Dominio oceánico-mediterráneo