O 6 de outubro é o 279º día do ano do calendario gregoriano (280º nos anos bisestos). Quedan 86 días para finalizar o ano.
Acontecementos 105 a. C.: sucede o peor desastre militar da historia de Roma: a batalla de Arausio, na que dous exércitos da República son derrotados por cimbros e teutóns. Baixas superiores a 100 000 homes (12 lexións, tropas auxiliares, etc). 1214: Henrique I de Castela é proclamado rei á morte de seu pai, Afonso VIII. 1511: Créase en Santo Domingo a primeira audiencia de América, institución con atribucións xurídicas e gobernativas. 1623: Diego Velázquez é nomeado pintor da Cámara de Filipe IV de España. 1750: Publícase o prospecto, redactado por Diderot, que anuncia a Encyclopédie. 1771: Pragmática de Carlos II na que prohibe os xogos en España. 1780: Realízase en Buenos Aires a primeira impresión por parte da Imprenta dos Nenos Expósitos. 1793: En Francia entra en vigor o calendario republicano. 1850: Viaxe aérea de París a Bruxelas no globo Ville de París, con 6 pasaxeiros a bordo. 1866: Circula o primeiro automóbil, nos Estados Unidos. 1889: Thomas Alva Edison exhibe a súa primeira película. 1890: Os mormóns abolen oficialmente a poligamia nos EUA 1903: Próbase nun suburbio de Berlín unha locomotora Siemens que alcanza por primeira vez na historia os 200 km/h. 1907: Discurso de Manuel Lugrís Freire en galego, nun mitin, en Betanzos. É a primeira vez de uso político popular do idioma galego rexistrado. 1922: A Universidade de Salamanca nomea doutora honoris causa a Santa Tareixa de Xesús na presenza do rei Afonso XIII. 1924: Un bando do alcalde de Madrid autoriza os automóbiles a circular a unha velocidade máxima de 40 quilómetros por hora. 1925: O goberno español concede a Gran Cruz Laureada de San Fernando, o tenente xeneral Primo de Rivera. 1927: Nace o cine sonoro, coa proxección no teatro Warner de Nova York da película O cantor de jazz, de Alain Grosland. A cinta levaba anexa unha banda que recollía a voz humana. 1927: Walt Disney crea o heroe das curtametraxes de debuxo animados, Mickey Mouse. 1931: Os aviadores estadounidenses Panghorn e Rendón realizan un voo sen escalas a través do pacífico, dende o Xapón até Wenatchee (Washington). 1934: O Goberno proclama o estado de guerra en toda España ante a revolta orixinada principalmente en Oviedo, que cae no poder dos revolucionarios, e Barcelona, onde o presidente da Generalitat, Lluís Companys, proclama o Estado Catalán dentro da República Federal Española. 1939: Hitler expón ante o Reichstag o balance da campaña de Polonia e propón unha reordenación de Europa. 1944: Fundación no Cairo da Liga Árabe, integrada orixinariamente por Exipto, Iemen, Arabia Saudita, Siria, Iraq, Líbano e Transxordania. 1951: Iosif Stalin confirma a realización de investigacións sobre a bomba atómica na URSS. 1973: Empeza a Guerra do Yom Kippur, cuarta guerra árabe-israelí, de 19 días de duración. 1974: O brasileiro Emerson Fittipaldi proclámase campión mundial de Fórmula 1. 1978: O sha de Irán, Reza Pahlevi, entrega o poder os militares. 1979: Por primeira vez un Papa, Xoán Paulo II, entra na Casa Branca, residencia dos presidentes dos Estados Unidos. 1981: Integristas musulmáns matan ao presidente exipcio, Anwar El Sadat, durante un desfile militar conmemorativo da vitoria na guerra do Yom Kippur. 1983: O Congreso dos Deputados español aproba o proxecto de lei da despenalización parcial do aborto. 1987: O coronel Rabuka proclama a República de Fiji. 1992: Checoslovaquia: checos e eslovacos acordan dividir a República en dous estados independentes a partir do 1 de xaneiro de 1993. 1993: Michael Jordan anuncia a súa retirada do baloncesto. 1997: O médico estadounidense Stanley B. Prusiner, Premio Nobel de Medicina polo seu descubrimento dos prións. 2002: O papa Xoán Paulo II canoniza a Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei. 2002: Os astrónomos anuncian o descubrimento dun pequeno satélite do planeta Urano, identificado como S 2001 U1
Nacementos miniatura|100px|Luís Taboada. miniatura|100px|Manuel María. 1552 - Matteo Ricci, misioneiro xesuíta italiano. 1682 - Bruno Mauricio de Zabala, político español fundador de Montevideo. Foi gobernador e capitán xeneral de Buenos Aires. 1773 - Luís Filipe, duque de Chartres (1785-1793), duque de Orleáns(1793-1830) e futuro rei de Francia (1830-1848). 1803 - Heinrich Wilhelm Dove, físico alemán. 1829 - Enrique Pérez Escrich, escritor español. 1846 - George Westinghouse, inventor, enxeñeiro e industrial estadounidense. 1847 - Carlos Martínez Silva, político e escritor colombiano. 1848 - Luís Taboada, escritor galego (m. 1906). 1858 - José Podestá, dramaturgo e empresario teatral arxentino. 1887 - Charles-Edouard Jeanneret Gris “Le Corbusier”, arquitecto, urbanista, escultor e pintor francés de orixe suíza (m. 1965). 1887 - María Jeritza, soprano checa. 1887 - Martín Luis Guzmán, escritor mexicano. 1889 - Manuel Suárez Castro, político socialista galego (m. 1936). 1903 - Ernest T. Sinton Walton, físico irlandés, pioneiro no campo da física nuclear e Premio Nobel de Física en 1951. 1905 - Helen Newington Wills, tenista estadounidense. 1906 - Janet Gaynor, actriz estadounidense. 1907 - F. José Gabilondo Soler, músico mexicano. 1908 - Carole Lombard, actriz de cine estadounidense. 1912 - José Maldonado y Fernández del Torco, xurista e académico español. 1914 - Thor Heyerdahl, antropólogo e explorador noruegués. 1916 - Rafael Calvo Serer, xornalista, escritor e mestre español. 1927 - Paul Badura-Skoda, pianista e musicólogo austríaco. 1928 - Hafiz al-Assad, politizo e presidente de Siria (1971-2000) . 1929 - Manuel María, poeta galego (m. 2004). 1932 - Luis Ángel de la Viuda, xornalista español. 1944 - Ánxel Huete, pintor galego. 1944 - Merzaq Allouache, cineasta alxeriano. 1947 - Patxi Andión, cantante, actor e mestre español. 1955 - Paco Ojeda, matador de touros español. 1963 - Elisabeth Shue, actriz estadounidense. 1976 - Seann William Scott, actor estadounidense. 1980 - Silvia Penas, escritora galega.
Mortes miniatura|100px|Enrique Peinador Vela. miniatura|100px|Bette Davis.
877 - Carlos II o Calvo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.(875-877), e rei de Francia (843-877). 1214 - Afonso VIII, Rei de Castela (1158-1214). 1285 - Filipe III, rei de Francia. 1611 - Margarida de Austria, muller de Filipe III de España. 1644 - Isabel de Borbón, primeira muller de Filipe IV de España. 1849 - Luis Aulich, xeneral húngaro. 1861 - Andrés García Camba, militar, político e escritor galego (n. 1793). 1862 - Francisco Acuña de Figueroa, poeta uruguaio. 1891 - Charles Stewart Parnell, político irlandés. 1892 - Alfred Tennyson, poeta inglés. 1914 - Delmira Agustini, poetisa uruguaia. 1917 - Enrique Peinador Vela, médico e empresario galego (n. 1847). 1919 - Ricardo Palma, escritor peruano. 1923 - Andrés Martínez Salazar, investigador e transcritor da Crónica Troiana. 1929 - Guillermo Álvarez Pérez, arquitecto e filántropo galego (n. 1867). 1936 - Andrés Carranque de Ríos, novelista, poeta, actor e xornalista español. 1936 - Manuel Villar Cimadevila, político e xornalista galego (n. 1896). 1951 - Will Keith Kellogg, industrial estadounidense. 1959 - Bernard Berenson, historiador e escritor estadounidense. 1960 - Manuel Celso Garrido, mestre e escritor galego (n. 1915). 1962 - Tod Browning, director de cine estadounidense. 1969 - Pepe Pinto, cantaor español. 1981 - Muḥammad Anwar as-Sādāt, político e militar, presidente da República exipcia e Premio Nobel da Paz en 1978. 1989 - Bette Davis, actriz estadounidense. 1992 - Paul Mandel, científico francés. 1992 - Evelio Mustelier, "Kid Tunero", boxeador cubano. 1992 - Denholm Elliot, actor británico. 1999 - Amália Rodrigues, cantante portuguesa, unanimemente considerada "a voz de Portugal". 2000 - Michael Smith, químico canadense, Premio Nobel de Química en 1993. 2002 - Claus Von Amsberg, príncipe dos Países Baixos, marido da raíña Beatriz. 2020 – Eddie Van Halen, guitarrista holandés-estadounidense de Van Halen (n. 1955).
Festas e celebracións Día Mundial da Arquitectura Día Mundial da Parálise Cerebral
Outros Santoral: San Bruno (fundador dos cartuxos). María Ana Mogas Foncuberta (fundadora das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino). Sagar, Barto, Baldovino, Probo, Renato, Román, Térico, Artaldo, Apolinar, Fraterno e Magno (Bispos); María Francisca das Cinco Chagas (Confesora); Godofredo (Abade); Alberta, Marcelo, Casto, Sadurniño e Emilio (Beatos); Diego, Fe, Vera, Balduíno e Diego Luis de San Vitores (Martires).
Os 366 días do ano
Notas
06