La Jetée é unha curtametraxe de ciencia ficción dirixida en 1962 por Chris Marker, con música de Trevor Duncan producida por Anatole Dauman para Argos Studio e editada por Jean Ravel.
A película de 28 minutos realizouse a través de fotografías fixas en branco e negro, empregando a imaxe en movemento só durante uns poucos segundos.
Nesta obra de culto atopou inspiración Terry Gilliam para a súa película 12 Monkeys, tamén renden homenaxe ó filme de Marker os videoclips "Dancerama" de Sigue Sigue Sputnik e "Jump They Say" de David Bowie.
Notas
Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes de 1962 Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de ciencia ficción