O cancro de pel é unha afección pola que se forman células malignas (cancerosas) nos tecidos da pel. Hai diferentes tipos de cancro que se poden estender por outras partes do corpo. A cor da pel e estar exposto á luz solar poden aumentar o risco de presentar cancro de pel non melanoma e queratose actínica.

Epidemioloxía miniatura|Mortalidade por cancro de pel (2004). O principal factor de risco para desenvolver un cancro de pel son os chamados raios ultravioleta procedentes da luz solar, que producen mutacións no ADN das células que se acumulan durante anos.National Cancer Institute - Common Cancer Types

Tipos de cancro de pel O cancro de pel é a forma máis común de cancro, representando globalmente o 40% de tódolos casos. Hai tres tipos principais de cancro de pel: Melanoma de pel; é o máis agresivo dos cancros de pel. Carcinoma basocelular ou carcinoma de células basais: Tipo de cancro da pel que se orixina nas células basais. Estas son células pequenas e redondas situadas na parte máis baixa (ou base) da epiderme, que é a capa máis externa da pel. Carcinoma espinocelular ou carcinoma de células escamentas: cancro que comeza nas células escamentas, que son células delgadas e planas que se parecen ás escamas dos peixes. As células escamentas atópanse no tecido que forma a superficie da pel, o recubrimento dos órganos ocos do corpo, como os condutos dos aparellos respiratorio e dixestivo. Tamén se chama carcinoma epidermoide.

Notas

Categoría:Cancro