Unha queimadura é un tipo de lesión da pel causada por diversos axentes, como a calor, o frío, a electricidade, os químicos, a fricción e a radiación. A maioría das queimaduras son debidas a lapas, líquidos quentes, superficies quentes e outras fontes de altas temperaturas

As queimaduras son polo xeral previbles. O tratamento inmediato como medida de primeiros auxilios para as queimaduras leves consiste en facer correr auga a temperatura ambiente sobre a área afectada, para tratar de normalizar a temperatura dos tecidos queimados e eliminar contaminantes. É preferible que a auga bañe a parte afectada en lugar de facer inmersión, sempre coidando non utilizar auga fría debido á posibilidade de xerar unha reacción térmica que separará os estratos superiores da pel, dificultando a súa curación.

Notas

Categoría:Cirurxía Categoría:Dermatoloxía Categoría:Lume Categoría:Pel