Un órgano artificial é un trebello artificial que se implanta ou integra nun ser humano para substituír o órgano dunha persoa, co obxectivo de restaurar unha función específica ou un grupo de funcións relacionadas, co que o paciente pode regresar a unha vida tan normal como sexa posible. A función de substitución non necesariamente ten que estar relacionada co apoio vital.
Esta definición implica o feito de que o dispositivo non debe estar continuamente conectados a unha fonte de enerxía estacionaria, ou doutros recursos fixos, como os filtros ou as unidades de procesamento químico. Así, unha máquina de diálise, aínda que é un dispositivo de soporte vital moi exitoso e importante que substitúe por completo as funcións dun ril, non é un órgano artificial.miniatura|Un oído artificial|centro Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Equipamento médico