Scissirostrum dubium é unha especie de estorniño da familia Sturnidae. É monotípico no xénero Scissirostrum.Feare, C., Craig, A., Croucher, B., Shields, C., & Komolphalin, K. 1998. Starlings and Mynas. Christopher Helm. ISBN 0-7136-3961-X É endémico de Sulawesi, Indonesia.

O seu hábitat natural son as terras baixas tropicais, e ás veces as zonas montañosas subtropicais, as fragas e as zonas húmidas.

A especie aniña en colonias, que adoitan ter centos de parellas. Os seus niños son escarvados en troncos de árbores mortas ó estilo dos peteiros. Aliméntase de froitas, insectos e gran.

Foi descrito por vez primeira polo ornitólogo inglés John Latham en 1801, baixo o nome binomial Lanius dubium.

Notas

Categoría:Paseriformes Categoría:Animais descritos en 1801