Earl Louis "Curly" Lambeau, nado o 9 de abril de 1898 en Green Bay e finado o 1 de xuño de 1965 en Sturgeon Bay (Wisconsin), foi un xogador e adestrador profesional de fútbol americano estadounidense. Lambeau foi o fundador dos Green Bay Packers, equipo da National Football League (NFL), así como xogador e adestrador do equipo, co que gañou seis campionatos. Foi incluído no Salón da Fama do Fútbol Profesional en 1963. O estadio dos Packers, Lambeau Field, leva o seu nome na súa honra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Nados en Green Bay, Wisconsin Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Xogadores dos Green Bay Packers Categoría:Adestradores dos Green Bay Packers Categoría:Adestradores dos Arizona Cardinals Categoría:Adestradores dos Washington Redskins Categoría:Adestradores de fútbol americano dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia belga