Woman Hating: A Radical Look at Sexuality é un libro escrito pola autora feminista radical e activista Andrea Dworkin en 1974.

Antecedentes Mentres Dworkin vivía en Ámsterdam nos Países Baixos, coñeceu a Ricki Abrams, unha prostituta e compañeira expatriada. Abrams introduciu a escritora estadounidense nas primeiras obras do feminismo radical dos Estados Unidos, de aí que Dworkin estivese notablemente inspirada por Sexual Politics (Política sexual) de Kate Millett, The Dialectic of Sex (A dialéctica do sexo) de Shulamith Firestone e Sisterhood is Powerful (A sororidade é poderosa) de Robin Morgan.Dworkin, Life and Death, p. 19; Dworkin, Heartbreak, p. 118. Ela e mais Abrams comezaron a traballar xuntas en «fragmentos e pezas temperás» dun texto feminista radical sobre o odio ás mulleres na cultura e na historia,Dworkin, Woman Hating, Acknowledgment, p. 7. incluíndo un borrador completo dun capítulo sobre a revista da contracultura pornográfica Suck, que foi publicado por un grupo de compatriotas expatriadas nos Países Baixos.Dworkin, Life and Death, p. 21; Dworkin, Heartbreak, p. 122.

Denantes de deixar Ámsterdam, Dworkin falou con Abrams sobre a súa experiencia nos Países Baixos, o movemento feminista emerxente e o libro que comezaran a escribir xuntas. Dworkin aceptou rematalo —co título de Woman Hating— e publicalo cando chegase aos Estados Unidos.Dworkin, Life and Death, p. 22. Nas súas memorias, Dworkin relata que durante a conversación prometeu que dedicaría a súa vida ao movemento feminista.

Notas

Categoría:Obras feministas escritas