Antergos é unha distribución de Linux baseada en Arch Linux de actualización continua (rolling release) e coa súa orixe galega. Emprega o ambiente de escritorio GNOME 3 por defecto mais pode instalarse con Cinnamon, MATE, KDE Plasma 5 e Xfce.

Liberouse en 2012 como Cinnarch e pasou a chamarse Antergos en edicións de 2013. En 2017 foi das dez distribución máis populares.

O nome da distribución provén da palabra galega "antergos".

Historia e fitos de desenvolvemento miniatura|Menú de Antergos O seu desenvolvemento comezouno Alexandre Filgueira estudando na Universidade da Coruña no 2012. Tiña empregado a ferramenta archiso para editar Arch Linux coas súas configuración habitual. Con Archboot foi creando un instalador gráfico para a súa edición da distribución. Como viu que as súas primeiras edicións de Arch Linux, que tiñan o fork de GNOME Cinammon, non tiñan outra distribución similar, o 5 de xullo de 2015 decidiu publicar e difundir nos medios de Arch Linux a súa edición, que denominou Cinnarch. Empregábase Cinnamon como alternativa a GNOME 3. A súa variante da distribución e comezou a popularizarse en Distrowatch. En breve uniuse ao desenvolvemento Gustau Castells e comezaron a incluír máis alternativas de ambientes de escritorio. En abril de 2013 mudaron de Cinnamon a GNOME 3.6, pola dificultade de continuar mantendo Cinnamon e avances no desenvolvemento de GNOME 3.

O 12 de maio de 2013 publicaron unha nova versión da súa distribución e como xa non só incluía Cinnamon, renomeárona a Antergos.

Antergos colabora con Numix, un proxecto para a edición do tema Numix-Frost e iconas Numix-Square, desde a versión 2014.05.26 para cambiar o seu aspecto visual.

Desde marzo de 2015 Antergos conta cunha edición mínima, "Antergos Minimal ISO", que só inclúe os compoñentes esenciais para o instalador.

Características Os paquetes de Antergos xestiónanse con Pacman e cun instalador gráfico e ten a súa interface de instalación propia. Para instalacións, conta cos repositorios de Arch, "Arch User Repository (AUR)" e outros repositorios propios. Instala a versión LTS ("Long Term Support", ou "versión con soporte a longo prazo") do kernel de linux.

O primeiro ambiente de escritorio co que contou foi Cinnamon, unha alternativa a GNOME Shell. Agora inclúe a Cinnamon, GNOME (a predefinida), KDE Plasma 5, MATE, openbox e Xfce. Emprega o navegador Chromium e non conta cunha suite ofimática por defecto.Antergos Applications List (defaults) . Publicado o 22 de decembro de 2015

Antergos está traducido completamente a 15 linguas e cun bo soporte para máis de 30. Estase traducindo a un total de 72 linguas. Entre elas atópanse linguas como o asturiano, catalán, galego, portugués, e incluso o esperanto.

Lanzamentos A primeira imaxe ISO de Cinnarch publicouse xullo de 2012 en SourceForge.Cinnarch - your favorite distro with Cinnamon desktop Antergos é unha distribución de actualización continua, ou "rolling release". A última edición principal foi a 17.4. Pódense destacar como principais edicións as seguintes:

Versión Data de lanzamento 17.409/07/2017 17.104/01/20172016.11.2020/11/2016 2015.12.2929/12/2015 2015.04.1212/04/2015 2014.08.0707/08/2014 2014.05.2726/05/20142013.11.1717/11/2013 2013.08.2220/08/2013 2013.05.1312/05/20132013.04.0505/04/20132013.01.2323/01/20132012.12.2112/12/2012 2012.11.22 22/11/2012 2012.10.01 01/10/2012 2012.09.07 07/09/2012 2012.07.19 19/07/2012 2012.07.07 07/07/2012 2012.07.05 05/07/2012

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Wiki de Antergos

Categoría:Software libre Categoría:Distribucións de GNU/Linux