O polígono industrial do Acevedo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situado no concello de Cerceda. Historia e descrición A primeira fase deste polígono foi promovida por Xestur e inaugurada en 1999. Un ano antes empezara a súa actividade a fase 2. O baixo prezo do solo e o Plan Miner do Ministerio de Industria fomentaron o crecemento desta área industrial. Fase I (1999): 68.241 metros cadrados Fase II (1998): 377.392 metros cadrados En marzo de 2011 inaugurouse un Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico que, seis anos despois, seguía sen uso; así, en abril de 2017 anunciou a decisión de converter o predio nun viveiro de empresas.

Accesos Estrada provincial 2403 Estrada Cerceda - Ordes

Notas

Acevedo Categoría:Cerceda