Convallaria majalisSunset Western Garden Book, 1995:606–607 é unha planta anxiosperma de agradable aroma pero velenosa da familia das asparagáceas, nativa de zonas de climas temperados fríos do hemisferio norte de Asia e Europa.
Probablemente é a única especie do xénero Convallaria (isto depende de se C. keiskei e C. transcaucasica se recoñecen como especies separadas). No sistema APG III, o xénero está situado na familia Asparagaceae, subfamilia Nolinoideae (antes situábase na familia Ruscaceae). Anteriormente estivo tamén clasificada na súa propia familia, Convallariaceae, e, como moitas monocotiledóneas lilioides, máis anteriormente na familia dos lirios, Liliaceae.
Descrición
Convallaria majalis é unha planta herbácea perenne que forma extensas colonias ao espallar no terreo os seus talos subterráneos (rizomas). Fórmanse novos talos verticais aéreos nos extremos de estolóns en verán.Flora of China: Convallaria majalis Ditos talos crecen en primavera e os novos brotes con follas seguen conectados con outros baixo o chan, xerándose normalmente grandes colonias. Os talos medran ata os 15 a 30 cm de altura, e levan unha ou dúas follas de 10 a 25 cm de longo; os talos con flores teñen dúas follas e un acio con de 5 a 15 flores no extremo do talo.
As flores teñen seis tépalos brancos (raramente rosas), fusionados na base e adoptan unha forma de campá, teñen de 5 a 10 mm de diámetro e son aromáticas; a floración ten lugar a finais de primavera, en invernos suaves no hemisferio norte ocorre en marzo. O froito é unha baga pequena de cor laranxa avermellada de 5 a 7 mm de diámetro que contén unhas poucas sementes grandes abrancazadas ou pardas que secan dando unhas bólas claras translúcidas redondas de 1 a 3 mm de ancho. As plantas son autoestériles, e as colonias que constan dun só clon non forman sementes.Ohara, Masashi; Araki, Kiwakoi; Yamada, Etsukoi; Kawano, Shoichi, Life-history monographs of Japanese plants, 6: Convallaria keiskei Miq. (Convallariaceae), Plant Species Biology, Vol 21, No 2, August 2006, pp. 119–126(8), Blackwell Publishing
Distribución
miniatura|dereita|Ilustración do século XIX Convallaria majalis é nativa de Europa, onde en boa medida evit as marxes mediterráneas e atlánticas. Unha variedade oriental, C. majalis var. manschurica dáse no Xapón e partes do leste de Asia. Unha poboación nativa limitada de C. majalis var. montana aparece no leste dos Estados Unidos.Flora of North America : Convallaria majalis Porén, debátese se o status como planta nativa desta variedade americana é aceptable ou non.Gleason, Henry A. and Cronquist, Arthur, (1991), Manual of Vascular Plants of Northeastern United States and Adjacent Canada, New York Botanical Garden, Bronx, New York, pp. 839-40
Como moitas plantas con flor perennes, C. majalis mostra modos de reprodución dual ao producir descendencia asexualmente de forma vexetativa e tamén reproducirse por sementes orixinadas sexualmente por fusión de gametos.
Ecoloxía
Convallaria majalis é unha planta que prefire sombra parcial e mesófila que prefire os veráns cálidos. Gosta dos solos limosos ou areosos e de ácidos a moderadamente alcalinos, preferiblemente cunha abundante cantidade de humus. A Royal Horticultural Society afirma que os solos lixeiramente alcalinos son os mellores para ela.RHS Encyclopaedia of Perennials É unha especie eurasiática e suboceánica que pode vivir en montañas de ata 1 500 m de altitude.
Convallaria majalis é alimento para as larvas dalgunhas especies de lepidópteros como o Antitype chi. Os adultos e larvas do escaravello Lilioceris merdigera tamén poden tolerar os cardenólidos que contén e poden alimentarse das súas follas.
Taxonomía miniatura|Convallaria majalis var. rosea Hai tres variedades que algúns botánicos consideraron ás veces especies distintas ou subespecies. Son:
Convallaria majalis var. keiskei – da China e o Xapón, con froitos vermellos e flores con forma de cunca (que agora adoita citarse como Convallaria keiskei) C. majalis var. majalis – de Eurasia, con nervios centrais das flores brancos C. majalis var. montana – dos Estados Unidos, con nervios centrais das flores verdes
Algunhas autoridades recoñecen Convallaria transcaucasica como unha especie distinta, mentres que a especie antes chamada Convallaria japonica clasifícase agora como Ophiopogon japonicus.
En xardinería miniatura|Cultivar variegado a inicios da primavera miniatura|Convallaria majalis con floración dobre
Convallaria majalis plántase ás veces en xardíns polas flores olorosas que ten e a súa capacidade de cubrir o chan en zonas umbrías. En condicións favorables pode formar grandes colonias nos xardíns.
Plántanse varios tipos de cultivares, incluíndo os que teñen flores dobres, flores rosas, foliaxe variegado e os que crecen máis que a especie típica. Son:
C. majalis 'Albostriata' ten follas con liñas brancas C. majalis 'Green Tapestry', 'Haldon Grange', 'Hardwick Hall', 'Hofheim', 'Marcel', 'Variegata' e 'Vic Pawlowski's Gold' son outros cultivares variegados C. majalis 'Berlin Giant' e C. majalis 'Géant de Fortin' (sin. 'Fortin's Giant') son cultivares que crecen ata grandes tamaños C. majalis 'Flore Pleno' ten flores dobres. C. majalis 'Rosea' que ás veces se lle chama C. majalis var. rosea, ten flores rosas.
Tradicionalmente Convallaria majalis plantábase en macetas e forzábase a que producise flores en inverno.
Química miniatura|Detalle da flor Todas as partes desta planta son moi velenosas, incluíndo as bagas vermellas, que poden ser atractivas para os nenos. En caso de que se inxiran incluso pequenas cantidades da planta pode orixinarse dor abdominal, vómito, dinimución da frecuencia cardíaca, visión borrosa, somnolencia e erupcións vermellas na pel.
Na planta atopáronse uns 38 glicósidos cardíacos (cardenólidos), algúns dos cales son: convalarina convalamarina convalatoxina convalotoxolósido convalósido neoconvalósido glicoconvalósido majalósido convalatoxón corglicón cannoxenol-3-O-α-L-ramnósido cannoxenol-3-O-β-D-alometilósido cannoxenol-3-O-6-dexoxi-β-D-alósido-β-D-glicósido, cannoxenol-3-O-6-desoxi-β-D-alósido-α-L-ramnósido, estrofantidina-3-O-6-desoxi-β-D-alósido-α-L-ramnósido, estrofantidina-3-O-6-desoxi-β-D-alósido-α-L-arabinósido, estrofantidina-3-O-α-L-ramnósido-2-β-D-glicósido, sarmentoxenina-3-O-6-desoxi-β-D-alósido-α-L-ramnósido sarmentoxenina-3-O-6-desoxi-β-D-gulósido 19-hidroxi-sarmentoxenina-3-O-α-L-ramnósido, 19-hidroxi-sarmentoxenina arabinósido-6-desoxialosa lokundjósido
A planta tamén contén saponinas. Aínda que a planta é mortal, foi utlizada como un remedio popular en cantidades moderadas,Cantell, Sulo; Saarnio, Väinö, 1936. Suomen myrkylliset ja lääkekasvit (translation: The Poisonous and Medical plants of Finland) e actualmente utilízana os herboristas como un remedio restrinxido. Tamén contén o aminoácido velenoso e pouco frecuente ácido azetidina-2-carboxílico.
Unha substancia olorosa desta planta, concretamente o ligando bourxeonal, atrae o esperma de mamíferos. Véxase tamén: . O descubrimento en 2003 deste fenómeno estimulou a investigación sobre a recepción de olores,For example ScienceDaily 2007 pero un estudo de 2012 demostrou, ao contrario, que a altas concentracións, o bourxeonal imitaba o papel da proxesterona estimulando o esperma a moverse (quimiotaxe), un proceso que non está relacionado coa recepción de olores. Ver tamén ScienceMag article
Nomes, lendas e tradicións miniatura|100px|A duquesa de Cambridge cun buqué floral con flores de C. majalis
O seu nome científico majalis ou maialis, significa "do mes de maio".
En francés recibe o nome de muguet. A principios do século XX, fíxose tradicional en Francia vender flores desta planta o 1º de maio, día internacional do traballo (tamén chamada La Fête du Muguet). En inglés chámaselle lilly of the valley (lirio dos vales), o cal podería proceder dunha tradución do Cantar dos cantares 2:1 da Biblia, aínda que a frase hebrea orixinal "shoshannat-ha-amaqim" (literalmente 'lirio dos vales') non se refire a esta planta. Tamén se lle chama Our Lady's tears (bágoas da Virxe), debido a unha lenda cristiá que di que brotou a partir das bágoas da Virxe María durante a crucifixión de Cristo.
Na "linguaxe das flores", esta planta significa o retorno da felicidade.
O concello noruegués de Lunner ten esta planta no seu escudo. Foi o emblema floral da antiga Iugoslavia, e desde 1967 é a flor nacional de Finlandia.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Convallaria majalis - información – NC State University
Categoría:Plantas medicinais Categoría:Asparagaceae Categoría:Plantas velenosas Categoría:Plantas descritas en 1753