Alfredo Álvarez Pérez, nado en Cortegada en 1868 e finado en Buenos Aires o 7 de novembro de 1924Correo de Galicia, 8-11-1925, p. 1., foi un arquitecto e filántropo galego.
Traxectoria Emigrou a Buenos Aires en 1885 co seu pai e o seu irmán Guillermo. Traballou como obreiro da construción e fíxose arquitecto. Construíu co seu irmán Guillermo a Embaixada de España en Buenos Aires. Foi socio fundador do Centro Gallego, para o que achegou un terreo, presidente do Consello de Administración do Banco Español del Río de la Plata, da Asociación Patriótica Española e da Azucarera Argentina. Foi presidente do Centro Gallego (1918-1923).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Artigo "ÁLVAREZ PÉREZ, Alfredo", en Gran Enciclopedia Galega.
Categoría:Arquitectos de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cortegada Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1924