Cruzul - Agüeira é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que se atopa nos concellos de Becerreá e das Nogais, e que é parte da reserva da biosfera dos Ancares.

Hábitat Esta área atópase nas estribas da cordilleira Cantábrica, no suroeste de Lugo, onde as montañas xa son menos acentuadas. En Cruzul atópanse bosques de rebolas sobre dos montes formados durante un peri-glaciarismo. En Agüeira o substrato xeolóxico é de tipo kárstico. Aí atópanse formacións rochosas, chamadas grobos, que xorden de caídas dos teitos de covas de calcaria.

Flora e Fauna Este espazo ten montes de castiñeiros, Castanea sativa, rodeados de especies autóctonas: Quercus robur, Betula celtiberica e Acer pseudoplatanus. Tamén conta con aciñeiras. As aciñeiras atópanse máis en Cruzul e os soutos en Agüeira.Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo VI Espazos das Áreas de MontañaInformación dos hábitats, do Anexo I da Directiva Hábitat, do espazo natural

Notas

Cruzul - Agüeira