Arturo Carretero Sánchez, nado en Santiago de Compostela no ano 1847 ou 1852 e finado en Madrid o 4 de novembro de 1903, foi un xilógrafo e gravador galego, un dos máis importantes da súa época.

Traxectoria Fillo do escribán salmantino Juan Alonso Carretero Fernández e da ferrolá Nemesia Sánchez Barros, tivo dúas irmás: Eligia (nada en 1842) e Nemesia (nada en 1843). Aprendeu gravado en París e, ao regresar a España, estableceuse en Madrid. Ao longo da segunda metade do século XIX realizou moitos gravados en diversas publicacións periódicas, sendo especialmente importante a súa colaboración en La Ilustración Española y Americana. Porén, viuse afectado pola substitución do gravado en madeira por métodos de fotogravado, polo que nos seus últimos días traballou como debuxante. Discípulo seu foi Enrique Mayer, que estudou gravado no seu obradoiro madrileño.

Notas

Categoría:Nados en 1852 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1903 Categoría:Gravadores de España Categoría:Artistas de Galicia