A batalla de Brandywine foi un dos enfrontamentos militares da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, tivo lugar o 11 de setembro de 1777 preto de Chad's Ford, Pensilvania e o río Brandywine.
Antecedentes Nas primeiras operacións tralo comezo da Guerra de independencia americana, os colonos capturaron Montreal e Saint John 's e fracasaron no sitio Quebec. Posteriormente, tentaron defender Nova York que, despois da batalla de Long Island, se rendeu aos británicos comandados por William Howe. Este pretendeu cortar en dous o territorio rebelde separando Nova Inglaterra e conquistou os fortes que protexían a baía de Hudson e Newport.
A batalla O 23 de xullo, o xeneral Howe saíu de Sandy Hook coa intención de capturar Pensilvania, e avanzou por mar, e desembarcou nas proximidades da baía de Chesapeake con 18.000 soldados. O 25 de agosto, O xeneral George Washington cruzou o río Delaware para os enfrontar, e acampou preto de Chad's Ford, a 40 quilómetros de Filadelfia, deixando en medio o río Brandywine para esperar o ataque británico.
O 11 de setembro prodúcese a batalla con vitoria británica, na que perderon uns 600 soldados por 1.300 dos americanos (trescentos mortos, seiscentos feridos e catrocentos prisioneiros). Na batalla tiveron unha relevante participación o conde polaco Pulaski e o marqués de La Fayette. Este aínda que recibira do Congreso o mando de xeneral por fretar un barco, que chegou en abril de 1777, con armas para apoiar a causa dos colonos fronte os británicos, decidiu participar na batalla como voluntario e foi ferido nunha perna.
Consecuencias A pesar de seren derrotados polos británicos, os americanos demostraron que eran quen de se enfrontar a un exército poderoso e trabar un combate organizado polo que continuou a guerra. Os americanos tiveron que abandonar a súa capital, Filadelfia, que foi tomada polos británicos o 26 de setembro e George Washington viuse forzado a pasar o inverno en Valley Forge, Pensilvania, adestrando o que aproveitou para adestrar o exército.
A pesar da vitoria británica, non foi definitiva nin conseguiron afastar as tropas de Washington de Filadelfia e esas circunstancias foron decisivas na posterior derrota británica en Saratoga. Igualmente, produciuse unha reorganización no mando británico, con Henry Clinton como comandante en xefe, substituíndo a Howe, que dimitira. Coa entrada de Francia na guerra e co exército máis preparado, Washington perseguiu a Clinton na súa retirada cando este recibiu a orde de abandonar Filadelfia e defender Nova York, que agora era vulnerable debido ao poder naval francés.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Historia militar dos Estados Unidos de América Categoría:Batallas do século XVIII Categoría:Historia militar do Reino Unido Categoría:1777