Razorblade Suitcase é o segundo álbum da banda británica de post-grunge Bush, publicado o 19 de novembro de 1996 a través do selo Trauma Records. Foi a continuación do seu multi-platino Sixteen Stone e estreouse no número 1 da lista Billboard 200, vendendo 293 000 copias durante a súa primeira semana nos Estados Unidos. Ata a data segue sendo o único disco de Bush en chegar ao posto máis alto da Billboard 200. Gravado nos Abbey Road Studios de Londres co enxeñeiro/produtor Steve Albini, o son do álbum comparouse ao do In Utero de Nirvana, que tamén foi producido e gravado por Albini.
O disco foi reeditado coincidindo co seu 20 aniversario, titulándoo oficialmente Razorblade Suitcase (In Addition). Foi publicado dixitalmente o 16 de decembro de 2016, e en vinilo o 10 de febreiro de 2017. A reedición inclúe o álbum remasterizado e catro rarezas extra: "Broken TV", "Old", "Sleeper" e "Bubbles". Antes deste lanzamento, tres das catro cancións extra foran publicadas como caras b ou incluídas en recompilatorios, pero "Sleeper" tratábase dun tema inédito.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Gavin Rossdale
"23 Seconds" (canción oculta) "A Tendency to Start Fires", "Straight No Chaser" e "Synapse" non aparecen na versión en vinilo debido a restrucións de tempo.
Notas
Categoría:Álbums de Bush Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums producidos por Steve Albini Categoría:Álbums de Interscope Records