Domingo Costas Baamonde, nado en Padrón cara a 1904 e finado en Pontevedra o 9 de outubro de 1936, foi un tipógrafo e sindicalista galego.

Traxectoria Asentado en Pontevedra como tipógrafo, foi vocal obreiro do Comité Paritario Interlocal de Artes gráficas de Pontevedra en 1930El Pueblo Gallego, 8-7-1930, p. 2. e elixírono presidente da Asociación Tipográfica de Pontevedra en 1935.El Pueblo Gallego, 11-5-1935, p. 14. Vinculado ao PCE, foi elixido secretario da Sociedad Obrera de Cultura de Pontevedra en xuño de 1932,El Pueblo Gallego, 10-6-1931, p. 8. participou no mitin anti-imperialista organizado polos comunistas vigueses en agosto de 1931.El Pueblo Gallego, 2-8-1931, p. 6. Colaborou en ¡¡Revolución!!. Foi secretario do Congreso de Unidad Sindical celebrado en Pontevedra en novembro de 1932.El Pueblo Gallego, 3-11-1932, p. 7. Foi detido en xullo de 1933 por organizar un boicot.El País, 10-7-1933, p. 3. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado o 9 de outubro.

Notas

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos