Gentianales é unha orde de plantas con flor, incluídas dentro do clado das astéridas das eudicots. Comprende máis de 16 000 especies nuns 1 138 xéneros e 5 familias. A familia máis grande é a das rubiáceas, á que pertencen máis do 80% das especies da orde. Plantas coñecidas da orde son a cafeeira, quina, gardenia, xanzá, loendro (Nerium oleander) e Vinca.
Descrición Entre as características das Gentianales está a presenza dun só verticilo de estames, inseridos sobre a corola, e no conxunto da flor hai 4 verticilos. Son gamopétalas tetracíclicas. O xineceo é súpero pero reducido a dous carpelos como en moitas gamopétalas evolucionadas. O estilo do pistilo é sempre único pero os ovarios, xeralmente soldados, están libres nas dúas familias das Asclepiadaceae e Apocynaceae.
Taxonomía
No sistema de clasificación de Dahlgren as Gentiales estaban encadradas na superorde Gentianiflorae (tamén chamada Gentiananae).
Na clasificación clásica de Cronquist (1981) a orde comprende seis familias: Familia Apocynaceae Familia Asclepiadaceae Familia Gentianaceae Familia Loganiaceae Familia Retziaceae Familia Saccifoliaceae
Segundo o sistema APG III na orde están incluídas as seguintes familias: Familia Apocynaceae (424 xéneros) Familia Gelsemiaceae (2 xéneros) Familia Gentianaceae (87 xéneros) Familia Loganiaceae (13 xéneros) Familia Rubiaceae (611 xéneros)
Filoxenia A seguinte árbore filoxenética está baseada en estudos de filoxenia molecular de secuencias de ADN.
Notas
Categoría:Gentianales