Contos do Castromil é o nome dunha colección de trinta relatos curtos, doutros tantos autores, iniciativa da empresa de autocares Castromil, que os puña, de balde, a disposición dos seus clientes.
Descrición En 1992, 1993 e 1994, co patrocinio da Xunta de Galicia, a iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e editados por Ir Indo, distribuíronse 450 000 exemplares. A dirección literaria estivo a cargo de Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo, Paulino Novo e Xosé M. Rodriguez Abella.
Autores Os vinte e noveNon son 30 autores porque un repetiu (Ferro Ruibal: n.os 7 e 28). autores dos títulos que compoñen a colección non cobraron polos seus textos, porén todos eles recibiron un carné que lles permite viaxar sen pagar en calquera das liñas do Castromil, igual co que no seu día tivera Ramón Otero Pedrayo."Presentación de «Contos do Castromil»" Fundación Galicia Empresa.
Os nomes e títulos son os seguintes:
1: Xavier Alcalá: Evaristo do cine 2: Úrsula Heinze: Rodolfo 3: María Victoria Moreno: Querida avoa.Querida avoa reeditado en PDF por Castromil (grupo Monbus) en 2018, co gallo do DLG. 4: Manuel María: Auto do Castromil ou a revolución dos baúles 5: Paco Martín: A se cadra verdadeira historia de Anxeliño Vil Troteira 6: Miguel Anxo Murado: Lista de Correos 7: Xesús Ferro Ruibal: A miña oportunidade 8: Darío Xohán Cabana: A excursión 9: Marina Mayoral: A man de neve 10: Helena Villar Janeiro: A tarde das maletas 11: Carlos G. Reigosa: A súpeta despedida de Ramón Beiró 12: David Otero: Castromil no espello de Compostela 13: Suso de Toro: Miles de Castromiles 14: Xosé Neira Vilas: PapeisInclúe tamén As toupas e O home dos ferranchos. 15: Xosé Luís Barreiro Rivas: O crego de Lebozán
16: Salvador García-Bodaño: O caleidoscopio 17: Borobó: «Xoán Po’reás» burlador de demos (lenda fantástica) 18: Alfredo Conde: A morte de Blas 19: Miguel Suárez Abel: Co dedo nos beizos 20: Alfonso Álvarez Cáccamo: Castromil e unha noites 21: Manuel Rivas: O último rei dos galegos 22: Xesús Rábade Paredes: O viaxeiro invisible 23: Xosé Chao Rego: A meiga e os frades. Lenda do Pedregal de Irimia 24: Francisco Fernández del Riego: San Andrés de Teixido 25: Basilio Losada: Ero de Armenteira 26: Claudio Rodríguez Fer: A muller loba 27: Antón Fraguas Fraguas: O conto de Serafín. O santuario da Franqueira.Reeditado en 2019 por Galaxia. 28: Xesús Ferro Ruibal: Os papiros do Medulio 29: Carlos Casares: O galo de Antioquía.Despois reeditado por Galaxia 30: Euloxio R. Ruibal: A fonte de Ana Manana
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biblioteca 114 Ligazóns externas
Castromil Categoría:Transporte en Galicia Categoría:Ir Indo Categoría:1992 en Galicia Categoría:Listas de libros