Ivan Villar Martínez, nado en Aldán (Cangas de Morrazo) o 9 de xullo de 1997 é un futbolista galego que xoga de porteiro no Celta de Vigo.

Traxectoria Procedente do Rápido Bahía, fichou polo Celta de Vigo en idade alevín, pasando por tódolos equipos da canteira celeste ata o Celta de Vigo B, co que debutou en 2013 na Segunda División B, aínda en idade de xuvenil. Na tempada 2015/16 foi o primeiro porteiro do filial e na tempada seguinte, 2016/17, alternou o filial coas convocatorias do primeiro equipo, co que debutou na penúltima xornada da liga de Primeira División fronte ao Deportivo Alavés, da man do adestrador Eduardo Berizzo.

No verán de 2017 rexeitou continuar no filial, pois preferiu intentar gañar un posto no primeiro equipo fronte aos gardametas Rubén Blanco e Sergio Álvarez. Con todo, non dispuxo de ningún minuto e en xaneiro saíu cedido ao Levante, que buscaba un porteiro para suplir a baixa do lesionado Raúl Fernández. No equipo valenciano non chegou a debutar, sendo o gardameta titular Oier Olazábal. Na tempada 2018/19 regresou ao Celta B, co que disputou 39 partidos.

Na campaña 2019/20 foi o terceiro porteiro do primeiro equipo, e disputou os últimos partidos da tempada, tralas lesións de Sergio e Rubén Blanco. Os problemas destes gardametas continuaron na 2020/21, polo que Iván Villar puido xogar 23 partidos durante o ano.

Selección española Foi internacional coa selección española sub-17, coa sub-19 e coa sub-21, e en xullo de 2021 viaxou a Tokyo para participar nos Xogos Olímpicos de 2020. O seleccionador Luis de la Fuente elixiuno como terceiro porteiro, por detrás de Unai Simón e Álvaro Fernández. Aínda que non chegou a debutar no torneo, conseguiu a medalla de prata despois de que o seu equipo xogase e perdese a final contra o Brasil de Dani Alves.

Selección galega dereita|miniatura|Iván Villar coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1997 Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Futbolistas olímpicos de Galicia Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia