For Screening Purposes Only é o único álbum da banda británica de dance-punk Test Icicles, publicado o 31 de outubro de 2005 a través do selo Domino Records. Despois do seu lanzamento, en febreiro de 2006, Test Icicles separaríase.

O seu título procede da película de 1999 Thicker Than Water. No filme a frase "For screening purposes only" (só para fins de proxección) aparece na pantalla cada vez que hai unha escena de violencia. O membro da banda Rory Atwell tamén dixo que a primeira canción do álbum, "Your Biggest Mistake", é sobre a película.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Test Icicles Categoría:Álbums musicais de 2005 Categoría:Álbums producidos por James Ford Categoría:Álbums de Domino Records