Antonio Vidal Villanueva, nado na Coruña o 17 de setembro de 1863, foi un carpinteiro, sindicalista e xornalista galego.
Traxectoria Foi un dos dirixentes da Federación Coruñesa de Trabajadores adherida á Federación de Trabajadores de la Región Española. Foi director de La Lucha Obrera. Logo foi secretario da Federación e director do seu voceiro El Corsario. Foi detido a principios de abril de 1891 con Juan Antelo Lamas, o redactor do periódico, por publicar o artigo "Una protesta, atacando el culto católico".El Regional, 3-4-1891, p. 2. Participou nas folgas de 1890 e 1891 demandando a xornada de oito horas, polo que foi encadeado e logo condenado a sete anos de desterro a máis de 25 quilómetros da cidade. Boicoteado pola Patronal, tivo que marchar á América.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (V)
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Xornalistas da Coruña
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros