Maria Antonietta Beluzzi, nada o 26 de xullo de 1930 e finada o 9 de agosto de 1997, foi unha actriz italiana que apareceu en numerosos filmes no seu país nativo. É probabelmente máis coñecida por interpretar o papel da tabaqueira no filme de Federico Fellini Amarcord, cuxa excitación polo protagonista adolescente remata de xeito irónico. Esta aparición ocorreu dez anos após a primeira colaboración con Fellini non acreditada (como candidata de proba da pantalla para La Saraghina) en 8½.
A súa aparición en Amarcord é mencionada cariñosamente polas personaxes da novela de John Irving Until I Find You (2005).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Boloña Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Finados en 1997