Offa foi rei de Essex, tras a morte do seu pai Sighere, o 709, pero abdicou pouco despois para ir a Roma como un peregrino. Traxectoria Na , Beda describe dicindo que era: "Un home novo, na mellor idade e de gran beleza, que tivo o apoio da súa nación enteira para ser rei. Pero el, movido pola súa devoción, deixou a súa esposa, a súa terra, os seus fillos e o seu país para atoparse con Deus e o evanxeo, que el quería recibir totalmente na vida e tamén na vida eterna tras a morte. Cando visitou lugares sagrados en Roma, fíxose tonsurar e adoptou a vida monástica, co fin de acadar a longamente desexada visión dos benditos apóstolos no ceoBeda, Historia ecclesiastica gentis Anglorum, libro V.". Nesta viaxe foi acompañado por Coenred de Mercia que tamén renunciou ao título de rei, pero a diferenza de Offa, Coenred levaba anos no cargo. No Liber Pontificalis, un libro que conta a historia dos acontecementos durante os diferentes papados, describe a chegada destes dous reis saxóns, e que morreron alí.

Consérvase unha carta de doazóns de terras en Warwickshire (S64) atribuída a el, aínda que el é descrito como rei de Mercia no canto de rei de Essex. Poderíase tratar dunha copia mal feita dunha auténtica feita en conxunto con Coenred de Mercia«Scriptum 1784», Sawyer, Anglo-Saxon Charters (Royal Historical Society, 1968). Houbo outra carta (probabelmente auténtica) que xa non se conserva (S1784) na que Offa fixo unha doazón de terras da cidade de Hemel Hempstead para o bispo de Londres.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Reis de Essex Categoría:Nados no século VII