Soiuz T-2 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de xuño de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz T-2, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Iuri Malishev e Vladimir Aksionov a bordo, foi unha misión lanzada como voo de probas para comprobar e verificar o funcionamento dos sistemas do novo modelo de nave e para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A nave regresou a terra o 9 de xuño de 1980 ás 12:38 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz T Saliut 6

Notas

Categoría:Programa Soiuz