O exercicio físico é a acción de pór en movemento activo todo o corpo ou unha parte do mesmo, a actividade física recreativa, que se realiza en momentos de lecer ou de tempo libre, é dicir fora do traballo ou actividade laboral. É unha afección que obtén unha vivencia pracenteira, comunicativa, creativa e social das prácticas corporais.

O exercicio físico implica a realización de movementos corporais planificados e deseñados especificamente para estar en forma física e gozar de boa saúde.

O termo de exercicio físico inclúe o da ximnasia, o baile, os deportes e a educación física.

Beneficios do exercicio físico miniatura|Exercicio físico. O exercicio físico é un compoñente do estilo de vida que nas súas distintas facetas ximnasia, deporte e a educación física constitúen actividades vitais para a saúde. A prolongación da vida e a terapia contra numerosas enfermidades consisten hoxe día no exercicio físico, o deporte e o exercicio metódico porque educan, disciplinan, desenvolven a vontade e preparan ao ser humano para a produción e a vida.

É universalmente coñecido que o exercicio físico sistemático promove a saúde e contribúe decisivamente á lonxevidade do home. Investigacións realizadas en diversos centros especializados e os resultados obtidos demostran que o tempo que se dedica a mellorar a capacidade física constitúe un tempo ben empregado.

Os beneficios fundamentais que o exercicio físico regular ofrece sobre a saúde son:

Incrementa o funcionamento do sistema cardiovascular e respiratorio para mellorar a perfusión tisular e xa que logo a achega de osíxeno e nutrientes aos tecidos.Stampfer, M., Hu, F., Manson, J., Rimm, E., Willett, W. (2000) "Primary prevention of coronary heart disease in women through diet and lifestyle". The New England Journal of Medicine, 343(1), 16-23. Opera cambios na mente do home cara a direccións máis positivas independentemente de calquera efecto curativo. Un programa de exercicio adecuado fortalece a psique humana. Aumenta a circulación cerebral, o que fai ao individuo máis esperto e alerta, e mellora os procesos do pensamento. Prolonga o tempo socialmente útil do home así como ao mellorar a súa capacidade física muscular eleva os seus niveis produtivos, polo que retarda os cambios da vellez. Asegura unha maior capacidade de traballo e a ter maior lonxevidade.

As enfermidades na que se demostrou que o exercicio físico é beneficioso son: Asma Infarto Diabetes mellitus Diabetes xestacional Obesidade Hipertensión arterial Osteoporose Distintos tipos de cancro, como o cancro de próstata e o cancro colorrectal

Tipos de exercicio físico Exercicio aeróbico: É aquel exercicio físico baseado no "metabolismo aeróbico" e que ten unha repercusión importante sobre o sistema cardiovascular cando se seguen programas de adestramento sistematizados. O metabolismo aeróbico é un proceso metabólico que require da presenza do osíxeno, a nivel celular, para levar a cabo a produción de enerxía que protexe a actividade física aeróbica e outras funcións aeróbicas. Os exercicios aerobios son de longa duración e de baixa intensidade. Os exercicios de estiramento muscular son un tipo de exercicio físico aeróbico especial. Exercicio anaeróbico: É aquel exercicio físico baseado no "metabolismo anaeróbico", o que se leva a cabo en ausencia de osíxeno, pero que a produción de enerxía e o seu rendemento é menor que no metabolismo aeróbico. Os exercicios anaeróbicos son de curta duración e grande intensidade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Adestramento Deporte Fartlek Educación física Esquema corporal