Costanza de Aragón, nada o ano 1344 no Mosteiro de Poblet e finada o 18 de xullo de 1363 en Catania, Reino de Sicilia, foi princesa de Aragón e raíña consorte de Sicilia, polo seu matrimonio con Frederico III de Sicilia.
Orixes famiiiares Costanza era a filla única de Pedro IV, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, d Sardeña e de Córsega e Conde de Barcelona e dos outros condados cataláns, e da súa primeira esposa María de Navarra.Reis de Aragón en Medieval Lands . Casa de Barcelona - genealogy .Pedro IV de Aragón genealogie en mittelalter .
Polo tanto era neta de Afonso IV de Aragón e de Tareixa de Entenza por liña paterna, mentres que por liña materna érao de Xoana II de Navarra e Filipe de Évreux. Felip III de Navarra na Gran enciclopèdia catalana .
Así mesmo, foi media irmá por liña paterna dos reis de Aragón Xoán I e Martiño I, Martiño o Vello.
Traxectoria En 1347, tras a morte da súa nai, foi proclamada herdeira ao trono polo seu pai; pero dito nomeamento non foi ben recibido pola nobreza, que non aceptaba que houbera nomeado herderia da coroa á súa filla máis vella. Por mor diso tivo que sufocar a revolta da Unión de Aragón, coaligada coa Unión de Valencia dirixida polo seu medio irmán Fernando de Aragón e Castela. Dita situación resolveuse de maneira definitiva en 1351, ao nomear Pedro IV herdeiro a Xoán, fillo primoxénito que tivo coa súa terceira esposa, Lionor de Sicilia.
Conatanza estivo comprometida con Lois de Sicilia, pero a morte prematura deste en 1355 fixo que casara co seu irmán Frederico o 11 de abril de 1361.
Do seu matrimonio naceu unha única filla, a futura raíña de Sicilia, María.
Costanza morreu durante o parto o 18 de xullo de 1363.
Os seus restos xacen nun sarcófago na Capiela da Adoración da Catedral de Catania.
Devanceiros de Costanza de Aragón e Navarra miniatura|Catedral de Catania </div></div>
Notas
Véxase tamén Bibliografía Claramunt, Salvador (2002): "La política matrimonial de la Casa condal de Barcelona y real de Aragón desde 1213 hasta Fernando el Católico". Acta historica et archaeologica Mediaevalia, Núm. 22. Ferrer i Mallol, Maria Teresa (1978): "Els darrers sobirans del Casal de Barcelona: Joan I i Martí l'Humà". En: Història de Catalunya. Barcelona: Editorial Salvat, pp. 142–150. Ferrer i Mallol, Maria Teresa, ed. (2015): Martí l'Humà: el darrer rei de la dinastia de Barcelona (1396-1410): L'interregne i el Compromís de Casp. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans / Deputazione di Storia Patria per la Sardegna. ISBN 978-84-4996-525-1. Lacarra, José María (1972): Juramento de los reyes de Navarra (1234-1329). Madrid: Real Academia de la Historia. Mestre i Campi, Jesús (dir.) (1998): Diccionari d'Història de Catalunya. Barcelona: Edicions 62, p. 658-659, entrada: «Martí I». ISBN 84-297-3521-6. Silleras-Fernández, Núria (2008): Power, Piety, and Patronage in Late Medieval Queenship: Maria de Luna. Nova York: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-4039-7759-5. Vilar, Pierre (dir.); Batlle, Carme (1988): Història de Catalunya. Volum III. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-297-2784-1.
Outros artigos Reino de Sicilia Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles Coroa de Aragón Vésperas sicilianas
Ligazóns externas Constança d'Aragó na Gran enciclopèdia catalana .
Categoría:Reis de Sicilia Categoría:Casa de Aragón Categoría:Nados en 1344 Categoría:Finados en 1363