Donnie Darko é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Richard Kelly que se estreou en 2001. Está protagonizado por Jake Gyllenhaal, Jena Malone, Drew Barrymore, Mary McDonnell, Katharine Ross, Patrick Swayze, Noah Wyle e Maggie Gyllenhaal. O filme conta as aventuras da personaxe do título e a busca do significado das súas visións.
Rodado durante 28 días (que cadran co tempo no que se desenvolve a historia no filme) o filme foi estreado na súa maioría directamente a vídeo. Donnie Darko foi estreado no Festival de Cinema de Sundance o 19 de xaneiro de 2001, antes dunha estrea reducida nos cines o 26 de outubro de 2001 por Flower Films. Por mor de que o filme amosa un accidente de avión e os atentados do 11 de setembro de 2001 sucederon un mes antes, o filme apenas foi publicitado. O filme recadou $7,5 millóns internacionalmente sobre un orzamento de $4,5 millóns.
Personaxes Jake Gyllenhaal como Donald "Donnie" Darko Jena Malone como Gretchen Ross Mary McDonnell como Rose Darko Holmes Osborne como Eddie Darko Katharine Ross como Dr. Lilian Thurman Maggie Gyllenhaal como Elizabeth Darko Daveigh Chase como Samantha Darko James Duval como Frank Anderson Drew Barrymore como Karen Pomeroy Patrick Swayze como Jim Cunningham Noah Wyle como Dr. Kenneth Monnitoff Beth Grant como Kitty Farmer Stuart Stone como Ronald Fisher Gary Lundy como Sean Smith Alex Greenwald como Seth Devlin Seth Rogen como Ricky Danforth Patience Cleveland como Roberta Sparrow / "Grandma Death" Jolene Purdy como Cherita Chen Ashley Tisdale como Kim Jerry Trainor como Lanky kid David St. James como Bob Garland Scotty Leavenworth como David Fran Kranz como Pasaxeiro Jack Salvatore Jr. como Larry Riesman Arthur Taxier como Dr. Fisher
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes sobre pedofilia Categoría:Filmes sobre buratos de verme Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en 1988 Categoría:Filmes de viaxes no tempo