O Waag (en galego: "a pesa") é un edificio situado na parte traseira da sede histórica da casa do Concello, no lado occidental da Gran Praza da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
miniatura|Fachada posterior do edificio, coa inscrición Collegium Medico Pharmaceuticum 1767
O edificio Trátase dun edificio levantado en ladrillo, cunha cubrición a dúas augas e cun frontal triangular en madeira cunha representación dos símbolos do comercio. Na súa fachada principal exhibe tamén unha pedra conmemorativa do gremio de ourives da cidade coa data de 1770, e a súa fachada posterior está adornada con outra pedra, do Collegium Medico Pharmaceuticum, datada en 1767. O edificio ten a consideración de monumento nacional dos Países Baixos ou rijksmonument.Ficha do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)"Deze 5 dingen wist je nog niet over het pand van De Waag" (Aínda non sabías estas cinco cousas sobre o edificio do Waag). En Indebuurt.nl (en neerlandés)
Historia Aínda que o edificio loce na cornixa da súa fachada o ano de 1770, esta data debe corresponder a unha restauración e o ano da súa construción debe ser moi anterior, probablemente despois do incendio da cidade de 1536.
Ata 1960 o edificio mantivo o seu uso inicial como balanza de uso público da cidade. A partir desa data tivo usos diversos, e entre eles serviu como teatro"Toen in Delft: toneel in het Waagtheater". En Indebuurt.nl (en neerlandés). Desde 1999 o edificio está en uso como bar e restaurante (Stadscafé De Waag)"De Waag. Waar smaak en sfeer samenkomen". En Indebuurt.nl (en neerlandés). Este local de hostalaría foi o primeiro nos Países Baixos en aceptar os Bitcoin como medio de pagamento."Bier kopen met virtuele muntjes in Delft". En Omroepwest.nl (en neerlandés)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delft
Ligazóns externas Sitio web do establecemento hostaleiro que explota o edificio (en neerlandés)
Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Arquitectura civil Categoría:Rijksmonument