Modesto López Teijeiro, nado en Ourense en 1910 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1937, foi un escritor e político galego.

Traxectoria Empregado do Banco Hispano e membro do sindicato da Banca. Membro da Irmandade da Fala de Ourense. A revista Nós publicou en 1933 Investigacións etno-morfolóxicas antre a poboación do Ribeiro de Avia, o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos, e en 1935 o seu artigo "A raza eurafricana". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, considerado o secretario de organización do PCE. Foi asasinado o 27 de setembro de 1937 con 27 anos. En 1965 a revista Vieiros publicou o seu artigo Ensaio de tipoloxía galega.

Véxase tamén Bibliografía Os artigos de Modesto López Teijeiro en Nós

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público