A lingua koryak é unha lingua da familia chukotko-kamchatkana falada polo pobo koryak que habita no norte da península de Kamchatka, en Rusia. Segundo o censo de 2010, conta cuns 1 700 falantes, que representan o 21% da poboación étnica. O seu parente máis achegado é a lingua chukchi, que xunto co kerek, o alutor e o itelmen forman a familia lingüística. O nome propio da lingua é нымылан Nymylan, pero o nome ruso é máis común. O koryak está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bogoras, Waldemar, e Franz Boas. Koryak Texts. Leyden: E.J. Brill, 1917. Comrie, Bernard. Inverse Verb Forms in Siberia Evidence from Chukchee, Koryak and Kamchadal. Amsterdam: Bibliotheek v.h. Inst. voor Algemene Taalwetenschap v.d. Univ. van Amsterdam], 1985. Zhukova, A. N., e Tokusu Kurebito. Basic topical dictionary of the Koryak-Chukchi languages = Basovyĭ tematicheskiĭ slovarʹ kori︠a︡ksko-chukotskikh i︠a︡zykov. Tokyo, Japan: Research Institute for Languages and Cultures of Asia and Africa, Tokyo University of Foreign Studies, 2004. Campbell, George L. e Gareth King. "Compendium of the World's Languages". 2013.
Categoría:Linguas chukotko-kamchatkas Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas aglutinantes