O aeroporto de Abu Zabi é un aeroporto internacional no emirato de Abu Zabi, a capital dos Emiratos Árabes Unidos. O aeroporto, situado a 30,6 quilómetros ao leste da cidade de Abu Zabi, é o segundo máis grande do país, servindo a máis de 24 millóns de pasaxeiros no ano 2016. Os espazos das súas terminais están dominados por Etihad Airways, que é a aeroliña nacional dos Emiratos Árabes Unidos e a segunda máis grande do país tras Emirates. Máis de 30 aeroliñas ofrecen servizos a uns 120 destinos en máis de 60 países.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Abu Zabi