Ralph Howard Fowler (), nado o 17 de xaneiro de 1889 en Roydon, Essex, e finado o 28 de xullo de 1944, foi un físico e astrónomo británico. Durante a primeira guerra mundial foi comisionado no corpo de Artillaría dos Marines Reais e foi ferido de gravidade no ombreiro durante a campaña de Gallipoli. Por mor desta ferida pasou a traballar xunto a Archibald Hill. Como segundo de Hill, traballou en balística anti-aeronaves no departamento experimental do HMS Excellent en Whale Island, Hampshire. Fixo unha contribución notable na aerodinámica das carcasas rotatorias. Recibiu a Orde do Imperio Británico en 1918.Van der Kloot, W. (2011). "Mirrors and Smoke: A. V. Hill, his Brigands, and the Science of Anti-aircraft Gunnery in World War I." Notes Rec. R. Soc. Lond. 65: 393-410.

En 1919 Fowler volveu ó Trinity College e foi nomeado lector en matemáticas en 1920. Alí traballou na termodinámica e mecánica estatística, achegando un novo enfoque á química física. Xunto a Arthur Milne, compañeiro seu durante a guerra, escribiu un traballo seminal sobre o espectro, temperaturas e presións estelares. En 1925 foi admitido como membro da Royal Society. Foi supervisor de investigación para Paul Dirac, e en 1926 traballou con el na mecánica estatística das estrelas ananas brancas. En 1928 publicou xunto a Lothar Nordheim un artigo no que explicaba o fenómeno físico coñecido posteriormente como campo de emisión de electróns, e axudou a establecer a validez da teoría moderna de bandas de electróns. En 1931 foi o primeiro en formular e etiquetar a lei cero da termodinámica.Y. Cengel, M. Boles, Thermodynamics - An Engineering Approach 5ª ed.

Obra seleccionada

Con E. A. Guggenheim:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ralph Fowler, MacTutor History of Mathematics archive Ralph Howard Fowler Trinity College Chapel

Categoría:Nados en Essex Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society