Antonio Poch Gutiérrez de Caviedes nado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1912 e finado en Sanxenxo o 15 de agosto de 2004, foi un diplomático e xurista galego.
Biografía Estudou filosofía e letras e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor nas universidades de Valladolid (Dereito Internacional Público e Privado), Santiago (Dereito Internacional Público e Privado) e Complutense (Dereito Diplomático e Consular). Poch, que entrou na carreira diplomática en 1942, serviu como embaixador en Portugal e Grecia, e foi embaixador-delegado permanente na UNESCO.
Ao longo do seu desenvolvemento académico, destacou os seus estudos sobre a noción de comunidade internacional. Xubilouse en 1982.
Recoñecementos Grande Cruz da Orde de Cristo (1976) Resultado de la búsqueda «Antonio Poch» Grande Cruz da Orde de Isabel A Católica (1982):
Notas
Véxase tamén Bibliografía
__NOTOC__
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Embaixadores de España en Grecia Categoría:Embaixadores de España en Portugal Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes